top of page

O PP denuncia que "os veciños de Merza tiveron que desbrozar un vial pola inacción do Concello"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces denuncia a situación vivida

na parroquia de Merza, onde asegura que "varios veciños se viron obrigados a realizar durante a mañá de hoxe (por onte) labores de desbroce e limpeza das cunetas dun vial ante a absoluta falta de resposta do goberno municipal".

O máis preocupante, apunta o PP, "é que esta situación non foi consecuencia dun imprevisto, senón dunha falta de actuación pese a que o problema fora comunicado previamente ao concelleiro de Obras, advertindo da necesidade de limpar este vial. A pesar do aviso realizado con suficiente antelación, o Concello fixo caso omiso, obrigando aos propios veciños a asumir un traballo que corresponde á administración municipal".


A circunstancia, salienta, "resulta aínda máis grave porque este vial dá acceso a dous establecementos de hostalería e turismo do municipio que durante a xornada de hoxe (por onte) celebraban diferentes eventos, ofrecendo aos visitantes unha imaxe de abandono impropia dun concello que presume de apoiar o turismo e o desenvolvemento económico local".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o Partido Popular queren agradecer publicamente o compromiso e a responsabilidade demostrada polos veciños de Merza. "Sen a súa iniciativa, o acceso a esta zona seguiría presentando un estado lamentable. Ao mesmo tempo, lamentamos que o goberno municipal continúe máis preocupado pola propaganda que pola resolución dos problemas reais dos veciños. Hai apenas uns días anunciábase con gran repercusión mediática a incorporación dun novo vehículo ao servizo municipal de obras, asegurando que serviría para mellorar a organización dos traballos. Con todo, a realidade volve

desmentir ese discurso. Os veciños non necesitan fotografías de novos vehículos; necesitan que os servizos municipais funcionen, que exista planificación e que os avisos sexan atendidos cando se producen. De pouco serve incorporar máis medios materiais

se despois non se utilizan con eficacia nin se responden as demandas da cidadanía".


Este sucedido en Merza, salientan os populares, "non é un feito illado, senón un novo exemplo da falta de planificación dos desbroces que se está a producir en distintas parroquias de Vila de Cruces, obrigando en demasiadas ocasións aos propios veciños a facer un traballo que debería asumir o Concello".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O Partido Popular insta ao goberno municipal "a abandonar a propaganda e centrarse na xestión diaria do municipio, cumprindo coa súa obriga de manter en condicións os viarios públicos e de apoiar, con feitos e non con palabras, aos veciños, ao sector hostaleiro e ás iniciativas turísticas que contribúen a dinamizar a economía local". "Porque gobernar non consiste en anunciar vehículos novos; consiste en conseguir que os servizos públicos funcionen e que ningún veciño teña que substituír ao Concello nas súas obrigas", conclúe.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page