Ecos da Comarca/Melide
A portavoz popular de Melide, Dalia García, desprazouse acompañada de edís do seu equipo á parroquia de Santalla para constatar se se tiña solucionado o problema de “subministro de auga” que lle tiñan trasladado os veciños hai a penas unha semana. In situ os populares puideron comprobar que efectivamente a obra foi realizada por parte do Concello pero que sigue sen desbloquearse a situación: “Existen probas de que o Concello cofinanciou a traída na década dos 70 e hoxe en día a lexislación base de Réxime Local establece que a competencia de proveer servizos básicos como é a auga é pura e unicamente municipal; se o Concello ten executou a obra tal e como se detecta no pavimento e atestemuñan os veciños porque non dá a auga?”, pregúntase García.

Os populares avanzan que “incluír a Augas de Galicia nun asunto puramente municipal demostra a bisoñez política de quen nos goberna, obsesionados con culpabilizar ao contrario: ou ao PP ou a Xunta de Galicia quen por outra parte, non é a primeira vez que lle recorda ao alcalde melidense, J.M Pérez, e ao seu goberno que o subministro de auga é puramente municipal”, sinala a voceira quen ademais, apuntala “cal é o motivo polo que non hai servizo de auga en Santalla cando antes o Centro Social tíñaoo e nunca houbo problemas no mandato popular e agora un veciño vive da solidaridade dos veciños, sen un ben básico pola incapacidade deste Concello, ante iso o alcalde o único que garda e silencio”.
Os populares avanzan que non pararán ata conseguir que se restablezan os servizos, “aos que por dereito lles corresponde á veciñanza melidense: ou ben o Concello fai unha captación de auga municipal ou que expliquen tanto Pérez como Prado, responsables en obras, porque teñen feito a obra de canalización da traída e agora non lle dan uso".
NOTICIA RELACIONADA:
Comments