top of page

O PP de Melide mostra a preocupación veciñal ao detectarse “tiróns” a plena luz do día na vila

Reclama máis efectivos de seguridade na localidade e comarca e recalca que a xente que se achega a cobrar a pensión é o obxectivo destes colectivos organizados


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide reclama máis presenza e seguridade no centro urbano melidense, por exemplo, nas proximidades das entidades bancarias co fin de evitar situacións de inseguridade como as que se veñen de producir nos pasados días. “A xente que se achega a cobrar a pensión é o obxectivo destes colectivos organizados quen estuda antes o territorio; instamos ao goberno bipartito AM- PSOE que se sensibilice con este tipo de problemáticas e nas súas asiduas reunións coa Delegación da Goberno soliciten reforzo de persoal de seguridade para os meses de verán nos que a poboación medra moito máis na nosa vila”, sinala a portavoz do PP, Dalia García, quen ademais apunta “agardemos que

esas reunións que se producen fóra de axenda política, non sexan todo o infrutíferas que levan sido ata o momento; polo menos que a quen lle corresponda, se sensibilice cos temas que afectan a Melide e a comarca”.

Dende o PP instan a que estas situacións de risco para a poboación que acude a retirar efectivo nos últimos días e primeiros de mes se minimicen e se tome conciencia da necesidade de tomar medidas o antes posible.

Roubo a unha septuaxenaria de Maceda

Cabe mencionar que en ECOS DA COMARCA publicamos o mes de abril unha noticia sobre o roubo a unha anciá da parroquia melidense de Maceda no casco urbano tras saír do banco e usando o método do "tirón". A noticia completa no enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page