Ecos da Comarca/Melide
Unha veciña da parroquia melidense de Maceda sufríu un roubo o pasado martes no casco urbano desta localidade. Á muller, de 79 anos, leváronlle o bolso, utilizando o método do tirón. Nel levaba o móbil, 1.200 euros e diversa documentación, tal e como confirmou a este medio a súa nora.

A afectada desprazouse a Melide nun taxi. "Foi facer unha analítica, logo subiu ao centro para ir ao banco a cobrar e despois almorzou na churrería", conta a nora. E tras almorzar, sobre as dez da mañá, e cando se atopaba pola Rúa do Convento a poucos metros da fonte, alguén veu por detrás, rouboulle o bolso dándolle un tirón e a consecuencia ela caeu ao chan. "Mancouse nunha rodilla e nun brazo e non lle deu tempo a ver á persoa porque marchou correndo. Cos berros saíu xente e din que era un home, que ía de negro e con capucha posta", explica a nora.
A vítima xa interpuxo unha denuncia no Cuartel da Garda Civil de Melide. Parece ser que este non foi o único roubo nesta vila producido mediante este método nos últimos días, senón que se fala ao menos de dous máis, pero de momento, esta información non puido ser confirmada por estar Redacción.
Comments