top of page

O PP de Camba sinala que será prioritario no seu programa electoral o asfaltado das 10 zonas rurais

Solicita publicamente “tranquilidade” aos veciños e transmítelles a “absoluta garantía” de que as obras se executarán ao comezo da vindeira lexislatura “se non as realiza antes o Concello de Rodeiro, tal e como é a súa intención”



Ecos da Comarca/Rodeiro

O Comité Executivo Local do PP de Rodeiro mantivo un encontro de traballo no que acordou incluír o asfaltado de dez zonas rurais do municipio, con cargo aos 800.000 euros de remanentes conseguidos pola xestión do goberno local, como primeiro punto e de execución prioritaria no programa electoral co que concorrerá aos comicios locais do 28 de maio. A reunión, que contou, entre outros, coa presenza do alcalde, Rubén Quintá, e do presidente provincial do PP, Luis López -que é militante desta agrupación-, servíu para solicitar publicamente “tranquilidade” aos veciños das dez zonas beneficiarias deste proxecto do goberno local e tamén para transmitirlles a “absoluta garantía” de que as obras de asfaltado nas súas pistas vanse executar ao comezo da vindeira lexislatura, a partires do mes de maio, “se non as realiza antes o Concello de Rodeiro, tal e como é a súa intención”.

Foto de arquivo.

“Para o PP de Rodeiro as eleccións aínda quedan moi lonxe, xa que, mentres outros xa andan facendo campaña e os seus cálculos, nós adicámonos a traballar polos veciños ata o último día dende o Concello, pero neste caso, e ante a gravidade do boicot a esta actuación por parte de Unidade por Rodeiro, consideramos que era urxente manter esta reunión para deixar absolutamente clara a nosa posición política a prol desta obra e garantir que, máis pronto que tarde, o PP vaise encargar de executala”, sinalaron os populares de Camba.


Campaña informativa

Ademais, o PP de Rodeiro anunciou que vai emprender unha campaña informativa polos

lugares de Vilela, O Az, Guillar, Asperelo, Adelán, San Salvador, Os Vilares, Lamas, Castugares e Carboentes “para amosar e reiterar o noso compromiso con estas obras que necesitan e para as que, durante tanto tempo, aforrou o goberno local e tamén para informar do boicot ás mesmas por parte de Unidade por Rodeiro”.


“Queremos comunicarlle aos veciños que nós queremos e imos facer estes asfaltados e tamén advertirlles de que Unidade por Rodeiro non ten ningunha intención de facelos porque foi esta formación a que rebentou a tramitación administrativa deste proxecto presentando unha alegación a través dunha persoa da súa candidatura, que parece que seguíu indicacións do seu voceiro, Alberte Lamazares, o derradeiro día de prazo para non dar marxe de manobra e con absoluta mala fe ao enviala por correo dende a cidade castelá de Zamora”, aclararon.


Resposta a José Luis Camiñas

Por outra banda, os populares de Rodeiro tamén criticaron as queixas do candidato socialista, José Luis Camiñas, por unha suposta neglixencia municipal na tramitación deste proceso: “Dixemos o outro día que Camiñas estaba un pouco perdido no seu retorno á política, xa que pretendía canalizar unha riada de 30 metros cunha comporta de 150 centímetros na zona do lago e vemos que segue bastante oxidado, xa que fai unhas acusacións sen coñecer para nada como foi o proceso, trabucándose nas datas e obviando o tema principal, que foi a alegación boicoteadora do partido anti-Rodeiro e supoñemos que a esquece a propósito por se ten que pactar con eles, co cal xa está indo novamente por mal camiño para tratar de gañarse a confianza dos veciños”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por elo, "e ante este novo posicionamento extemporáneo “para gañar protagonismo”", o PP

rodeirense pídelle a Camiñas “que volva á realidade de Rodeiro e deixe de facer malas copias das fotos de Alberte Lamazares mirando ao horizonte para que pareza que traballa”. “Supoñemos que ese posto ficticio de coordinador comarcal que lle creou o PSOE para satisfacer as súas ansias de protagonismo o ten moi ocupado por todo o Deza”, ironizaron os populares, que engadiron que “para mellorar a calidade de vida da xente de Rodeiro e conseguir cousas para o noso municipio hai que preocuparse polos veciños e non por buscar un titular nos medios e nas redes”.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page