top of page

Unidade por Rodeiro acusa ao goberno de "que perda de poder investir 800.000 euros de remanente"

Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro acusa ao goberno local de que "perde de poder investir 800.000 euros de remanente. María Simón, a persoa responsable de Economía, debería devolver o cobrado e abandonar as súas responsabilidades dentro do goberno municipal", reprocha.

"Este feito é escandaloso e debería provocar que o conxunto do goberno pedira desculpas xa que todos os días provocan que Rodeiro perda. Este goberno perde fondos do estado, da Xunta e non é capaz de investir os fondos propios por nin tan siquera dar feito uns orzamentos", indica este grupo da oposición.


Lembra que o goberno municipal "propuxo no pleno de outubro gastar 800.000 euros con cargo a remanente en arranxar diversas vías e núcleos nas parroquias de Vilela, O Az, Guillar, Asperelo, San Salvador Adelán, Os Vilares, Lamas, Castugares e Carboentes". "Isto saíu aprobado polo pleno e o goberno so tiña que executar os últimos trámites administrativos", apunta.


"Pois temos que lamentar que a incompetencia de quen goberna fixo que non mandaran a publicar a aprobación definitiva no BOP unha vez que rematou o prazo de exposición pública. Un papel que leva cinco minutos facelo impide que se invista tal cantidade de fondos públicos. A maiores de perder de investir 800.000 euros, temos que pagar uns proxectos que non se van executar por valor entorno a 25.000 euros", asegura Unidade por Rodeiro.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Esta é unha situación dantesca é bochornosa", considera e engade que "estas actuacións son máis que necesarias xa que o abandono que ten habido nos últimos anos en canto a pistas e núcleos provoca que haxa pistas intransitables".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page