top of page

O Concello de Rodeiro acusa a UxR de "boicotear a mellora de pistas cos 800.000 euros de remanentes"

Sinala que este partido a través dunha persoa da súa candidatura presentou unha alegación contra a modificación de crédito no derradeiro día do prazo e dende Zamora

Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro acusa publicamente ao grupo municipal de Unidade por Rodeiro de realizar un “terrible boicot con nocturnidade e alevosía” contra o proxecto de mellora integral de pistas en dez puntos do rural cos 800.000 euros de remanentes ao presentar, a

través dunha persoa da súa candidatura, unha alegación contra a modificación de crédito que permitía esta actuación múltiple no derradeiro día do prazo de exposición pública desta tramitación administrativa dende a cidade castelá de Zamora".


Así, o executivo local revela que "C.G.V., que concorreu na lista de UxR nas eleccións de 2019 e que traballa para a familia do voceiro, Alberte Lamazares, presentou unha reclamación sen substancia nin contido, chea de xustificacións e escusas “para tentar tapar a absoluta mala fe da mesma, no derradeiro día de prazo (19 de decembro), dende outra comunidade autónoma e con signos evidentes de seguir as indicacións de Alberte Lamazares”.

“Só pretendían botar para atrás este proxecto, co conseguinte e tremendo perxuízo para os

veciños, xa que dende Unidade eran conscientes das dificultades de tramitación administrativa que hai no Concello por mor da longa baixa do secretario municipal, que se tentou substituír dende o goberno local e que obedece a causas alleas á nosa xestión”, sinala o goberno local.


Así mesmo confesa que “iamos xustos de prazos porque estamos sen secretario e iso retrasa lamentablemente todo o noso traballo e, con esas circunstancias, Alberte Lamazares actuou dun xeito caciquil e covarde, sen dar a cara, e mandando a un compañeiro e subordinado a que perxudicara de fronte aos veciños de Rodeiro cunha alegación o último día que impedía que chegaramos a tempo para executar as obras de inmediato”, lamenta o goberno local.


"Súa xenreira ao PP"

“Alberte Lamazares actúa pensando só na súa xenreira ao PP e non lle importan os veciños, so quería que non se fixeran estas obras porque entende que poden perxudicar aos seus intereses electorais e non se decata que o que lle perxudica é a súa actitude contra Rodeiro e o seu progreso. É unha persoa egoísta que ponse a si mesmo diante dos veciños, que ten un absoluto desleixo por este concello, como demostrou constantemente ao longo da súa traxectoria vital e profesional, que actúa cunha mala fe absoluta e que sitou a Unidade como un partido anti-Rodeiro”,recalcan os membros do executivo local.


O Concello de Rodeiro indica que o proxecto de mellora de pistas e outras actuacións nos

lugares de Vilela, O Az, Guillar, Asperelo, San Salvador, Adelán, Os Vilares, Lamas, Costugares e Carboentes, ao abeiro dos 800.000 euros dos remanentes conseguidos polo goberno local, “segue adiante e vaise facer antes ou despois e queiran ou non queiran os membros de Unidade por Rodeiro, que simplemente conseguiron, cunha absoluta mala fe e xenreira cara este pobo, adialos durante uns meses cos conseguintes perxuízos para os veciños”.


Ademais, os seis membros dos executivo local de Rodeiro anuncian o emprendemento

inmediato de iniciativas políticas e veciñais para informar á cidadanía sobre esta “manobra

contra Rodeiro” realizada polo grupo municipal de UxR, “unha máis das que ten feito ao longo desta lexislatura, pero posiblemente a máis grave das perpetradas ata a data”. Neste senso, cre que Alberte Lamazares "debería presentar a súa demisión inmediata e pedir perdón publicamente aos veciños porque é o representante municipal máis indigno da historia deste concello” e engadn que os seus compañeiros de grupo “tamén deberán retratarse para dicir se están do lado das políticas anti-Rodeiro do seu voceiro ou a carón dos veciños”.

Finalmente, dende o Concello aclaran que o pleno no que se aprobou a modificación de crédito para investir os remanentes tivo lugar o 31 de outubro, a publicación no BOP para a

apertura da exposición pública foi o 24 de novembro e o prazo de alegacións dos 15 días

hábiles remataba o 19 de decembro, "que foi a data na que este membro de UxR presentou a alegación dende Zamora. Todo elo, provocado pola falla de secretario municipal, motivou que a aprobación estea fóra de prazo e que se teña que adiar o proxecto de mellora rural cos remanentes", explica o goberno municipal.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page