top of page

Atletismo Deza colleitou un ouro e unha prata en lanzamento de peso e salto de lonxitude

Ecos da Comarca/Deza

Na pasada fin de semana o Club Atletismo Deza estivo presente no Campionato Galego Sub 10, 12 e 14, cun alto número de atletas. Na proba, dous deportistas conseguiron medallas: Xoan Peón o ouro en lanzamento de peso (2kg), mellorando a súa marca ata 8.99 m, e André Felez a prata en salto de lonxitude mellorando a súa marca ata 3.52 m

Ademais, participaron os seguintes atletas: Senén Gómez en salto de lonxitude e 500m; Vera Penas en 50m; Noé García en salto de altura e lanzamento de peso; Telma Salgueiro en salto de altura; María Fernández en 60m; Olivia Ferradás en 60 m; Xavi Alvarellos en 500m; Helena Blanco en 60 metros vallas; Claudia Fernández en 60 metros vallas e triple salto; Nora Gómez en 60 metros vallas e 2000 metros; María Rivero en lanzamento de peso; Marco Rivas en lanzamento de peso; Claudia Sagagun en 60m; Carlota Trabazo en 60m; Carmen Marquez en triple salto e André Felez tamén en 50m.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Independientemente dos resultados, dende o club mostran o seu orgullo pola actitude

presentada tanto polos que conseguiron participar como polos que non. Ademais, agradecen ás familias que pasen tempo das súas fines de semana en actividades tan enriquecedoras para eles como son as competicións deportivas.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Carreira do Cocido

Dende o Club lembran que as inscricións para a Carreira do Cocido do 30 de marzo continúan abertas. Durante o evento, contarase coa presencia do deportista Carlos Tobalina, quen dará saída a algunha das carreiras e falará de como foi a súa vida deportiva como lanzador de peso profesional.


Tamén, dende o Club anuncian que haberá sorteos a través das redes sociais do club, en

concreto dende Instagram (@atletismo_deza).

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page