top of page

O octoxenario que faltaba en Santiso apareceu desorientado e descalzo na parroquia de Campos

Ecos da Comarca/Santiso

Esta mañá informabamos da desaparición de Abel, un veciño do lugar de Trebolo, en Santaia de Rairiz (Santiso), que estaba en paradoiro descoñecido dende onte, xoves. Minutos despois fontes informaban que o home acaba de aparecer. Agora o 112 Galicia aporta máis información.

Foto arquivo.

O octoxenario apareceu desorientado e descalzo. Perdéranlle a pista cando tiña que acudir a unha actividade lúdica en Ponte Arcediago. Tras pasar toda noite á intemperie, o home foi localizado na parroquia de Campos, en Melide, mollado, sen un zapato e completamente desorientado.


Así o explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia preto das 10:30 horas desta mañá para informar que fora visto no lugar melidense de Veiga. Deste xeito, finalizou un operativo de busca, que comezou durante a madrugada, despois de recibir o 112 Galicia a chamada dos familiares, inquedos pola falta do señor e tras confirmar cos compañeiros que tampouco acudira ás actividades lúdicas ás que adoitaba ir no lugar de Ponte Arcediago.

Para tratar de localizalo, activouse un operativo organizado pola Garda Civil e ao que se foron sumando voluntarios de Santiago, Melide, Agolada e Vila de Cruces.


Cabe mencionar, a modo de anécdota, que o no pasado mes de setembro tamén desaparecera unha muller deste mesmo municipio e tamén fora atopada en Campos.


NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page