Buscan a un veciño do concello de Santiso desaparecido este xoves
É veciño de Trebolo, da parroquia de Santaia de Rairiz, e saíu nun Megane corto de cor azul oscuro matrícula 7662 BRT
ACTUALIZACIÓN: XA APARECEU

Ecos da Comarca/Santiso
Buscan a un veciño do municipio de Santiso que se atopa en paradoiro descoñecido dende este xoves. O Concello insta á participación cidadá para comezar a súa busca. Tal e como indica o Concello é veciño do lugar de Trebolo, na parroquia de Santaia de Rairiz.
"Pedimos colaboración. Se alguén ve o noso veciño Abel se poña en contacto. Falta dende onte a noite e saíu nun Megane corto de cor azul oscuro matrícula 7662 BRT", informa a voceira do PP de Santiso, Matilde Pallares.
O Concello está organizado o operativo de busca. "Iníciase a búsqueda dun veciño desaparecido. É importante xuntar un grupo de voluntarios para iniciar o operativo de búsqueda. O punto de reunión para reparto de zonas e comezo de búsqueda é o Concello de Santiso. Polo que todas aquelas persoas que poidan agradecemos que veñan e axuden na búsqueda", informou a través do Facebook o Concello sobre as 10:30 horas.
Seguiremos informando.
ACTUALIZACIÓN: XA APARECEU
https://www.ecosdacomarca.com/post/aparece-o-veci%C3%B1o-desaparecido-en-santiso