top of page

O músico Antón Ke recala la biblioteca de Silleda este mércores co espectáculo “As mulleres nas letras”

Ecos da Comarca/Silleda

O músico Antón Ke chega este mércores día 21 á biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda (18:00 horas) para presentar o seu espectáculo Mulleres nas letras galegas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Acompañado do seu ukelele, o autor realizará unha viaxe pola biografía de escritoras e intelectuais como Rosalía de Castro, Francisca Herrea, María Mariño, Maria Victoria Moreno, Xela Arias, Luisa Villalta e tamén unha homenaxe á figura das cantareiras, protagonistas este ano do Día das Letras. Ao remate da sesión haberá un Obradoiro de ilustración para as crianzas asistentes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A entrada é libre ata completar aforo. Este espectáculo, dentro do ciclo Ler conta moito para a Rede de Bibliotecas de Galicia, forma parte tamén da programación das Letras do Concello de Silleda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page