top of page

O Museo da Terra de Melide demanda a modificación do proxecto de restauración da igrexa de San Pedro

Considera que "recebar e calear as actuais fachadas de mampostería, dada a superficie e altura de muros, suporía un impacto visual considerable no conxunto histórico"


Ecos da Comarca/Melide

O Museo da Terra de Melide demanda a modificación do proxecto de restauración da igrexa de San Pedro. Considera que "recebar e calear as actuais fachadas de mampostería, dada a superficie e altura de muros, suporía un impacto visual considerable no conxunto histórico, estruturado ambiental e historicamente encol da presencia rotunda deses grandes paramentos de pedra vista; e tamén crearía un problema futuro de custes continuos de mantemento derivados da dificultade de repintado periódico de muros tan altos e superficies tan grandes".

ree

O Museo considera que non hai antecedentes históricos que xustifiquen tal intervención. Así esta entidade propón destinar as partidas económicas resultantes do reaxuste a outras intervencións na Igrexa. O Museo dirixíu escritos á Consellería de Cultura e ao Concello de Melide. Melide, 8 de setembro de 2025. 


Ademais, considera que a intervención proposta nas fachadas da Igrexa parroquial de San Pedro, consistente no recebo e caleado das fachadas de mampostería, debe ser modificada. O Museo, aínda respectando o criterio xeral da Dirección Xeral de Patrimonio neste tipo de intervencións, cre que neste caso en concreto, a proposta de recebo e caleado de fachadas, é improcedente, e polas seguintes razóns:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
  • "En primeiro lugar, polo feito de que dada a gran superficie e altura dos muros e fachadas a recebar e calear, a actuación proposta consistente en recebar e pintar as grandes superficies exteriores de cachotería suporía un impacto visual considerable no conxunto histórico, estruturado ambiental e historicamente encol da presencia rotunda deses grandes paramentos de pedra vista ; e tamén crearía un problema futuro de custes continuos de mantemento derivados da dificultade de repintado periódico de muros tan altos e superficies tan grandes.

  • En segundo lugar, o recebado e caleado suporía a necesidade de mantemento periódico cada pouco tempo para asegurar un bo estado de conservación ambiental e visual, o que, dada a superficie e altura, esixiria un importante desembolso económico, que non se asegura pola administración autonómica. Ao que cabe engadir o risco de converter parte das fachadas en destino de pintadas, grafitis, etc.

  •  En terceiro lugar, o recebado e caleado tampouco asegura por si mesmo unha maior protección futura ante a auga e filtracións, xa que obriga a unha maior superficie de mantemento periódico.

  •  En cuarto lugar e como xa se dixo, non hai constancia histórica acreditada de que tales fachadas e muros tivesen sido obxecto de revestimento e caleado. De feito, no propio proxecto así se recoñece expresamente".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • Por todas esas razóns o Museo considera que o proxecto debe ser modificado, suprimindo as partidas destinadas ao recebo e caleado de fachadas, destinando eses importes a outras intervencións na Igrexa. A tal efecto, o Museo dirixíu no día de onte, luns 8, un escrito á Consellería de Cultura, do cal déuselle traslado tamén ao Concello de Melide.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page