top of page

López Campos anuncia o inicio en outubro das actuacións na igrexa de San Pedro de Melide

A intervención está destinada a solucionar diversas patoloxías que provocan o seu deterioro, como a entrada de auga e problemas de estabilidade dos muros


Laura Moure/Melide

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou o comezo en outubro dos traballos de restauración da igrexa de San Pedro, en Melide, tras a recente adxudicación das obras. Tal e como lembrou durante a visita que realizou o venres ao templo, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a actuación, á que o Goberno galego destina 611.000€, “ten como obxectivo solucionar diversas patoloxías que provocan o deterioro deste ben protexido, seguindo na nosa liña de recuperación e conservación do patrimonio de todos os galegos e galegas”.

ree

Referiuse así o representante do Executivo autonómico fundamentalmente á entrada de auga polas fachadas, a cuberta e as fiestras, e aos problemas de estabilidade dos muros. Neste senso, apuntou que as tarefas, que teñen unha duración prevista de cinco meses, darán inicio en breve, unha vez rematen os últimos trámites administrativos precisos para abordar a súa execución. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Deste xeito, López Campos destacou que “respondemos unha vez máis ao noso compromiso coa protección, preservación, mantemento e posta en valor dos bens patrimoniais en toda a Comunidade, especialmente co fin de garantir o mellor estado daqueles monumentos que se atopan nas rutas xacobeas”, como é o caso de igrexa de San Pedro, localizada ao abeiro do Camiño Francés. 


Ademais, fixo fincapé en que se trata dun proxecto encadrado no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa Diocese de Lugo para acometer distintas actuacións de conservación e restauración de inmobles eclesiásticos, e que conta coa financiación do 60% do Programa Galicia Feder 2021-2027. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Traballos previstos

A intervención na igrexa melidense centrarase en substituír o antigo sistema de atirantado de ferro do templo, deteriorado pola corrosión, por outro novo de aceiro inoxidable, ademais de cambiar o material da cuberta e arranxar os encontros cos elementos verticais. Por outra banda, afianzarase a seguridade das fábricas e dotarase de estanquidade aos muros e á torre mediante morteiros de cal tradicional.


A intervención contempla tamén a restauración e substitución dos elementos da carpintería exterior danados ou inexistentes, a rehabilitación das bóvedas, en particular a do presbiterio, e das revocaduras do interior da nave.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page