top of page

O lume da parroquia lalinense de Maceira afecta a unha superficie de 70 hectáreas

Ecos da Comarca/Lalín

O lume hoxe en Maceira, Lalín. Autor: Ecos da Comarca.
O lume hoxe en Maceira, Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

A Consellería do Medio Rural informou hoxe ás 20:15 horas de que o incendio forestal do concello de Lalín, parroquia de Maceira, quedou estabilizado ás 19:44 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O lume iniciouse ás 13:07 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións provisionais

afecta unha superficie de 70 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora,

3 técnicos, 9 axentes, 15 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 6 avións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,

toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas

poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page