top of page

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago está inoperativo

hace 1 día
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago de Compostela permanece inoperativo desde o pasado venres debido a un problema relacionado coa documentación da aeronave. Segundo informaron fontes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, está previsto que esta situación se prolongue durante "uns días, ata que se resolvan os trámites necesarios".

Mentres tanto, o servizo está a cubrirse cunha ambulancia adicional de soporte vital avanzado (SVA), que conta co mesmo equipo sanitario que tiña asignado o helicóptero: un médico e un profesional de enfermaría.

 PUBLICIDADE

Desde a Fundación aseguran que a cobertura das urxencias e emerxencias sanitarias está garantida e que se está seguindo o procedemento habitual para este tipo de situacións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O helicóptero con base en Santiago é un dos dous recursos medicalizados aéreos do 061 en Galicia. O outro ten a súa base en Ourense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page