O Club de Lectura de Adultos retoma a súa actividade en Antas de Ulla
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Club de Lectura de Adultos e Adultas de Antas de Ulla retomou a súa actividade o pasado venres, 6 de novembro, nunha nova etapa marcada pola incorporación de novos participantes e pola ilusión de compartir lecturas e experiencias. O encontro estivo conducido por Silvia, a nova bibliotecaria municipal, que se encargará de dinamizar esta iniciativa cultural.

Nesta nova etapa, as persoas participantes comezaron a mergullarse nunha novela negra que, ademais do misterio propio do xénero, presenta un interesante trasfondo social, histórico e político, abrindo a porta á reflexión, á conversa e ao debate.
PUBLICIDADE
Desde o Concello de Antas de Ulla amosaron a súa satisfacción pola recuperación desta actividade, que busca fomentar o hábito da lectura e ofrecer un espazo de encontro, participación e convivencia entre a veciñanza.
PUBLICIDADE
O club continuará así a súa andaina coa biblioteca municipal como punto de encontro para compartir o gusto pola literatura e dinamizar a vida cultural do municipio.









Comentarios