Separados por un océano, pero unidos por unha tradición xacobea
A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e o Camiño de Gran Canario presentan en conxunto un folleto e un selo
Laura Moure/Arzúa
A Capela da Madanela de Arzúa foi o escenario hoxe dun feito histórico: o Camiño de Francés e o Camiño de Santiago en Gran Canaria botan a andar xuntos cara un Xacobeo máis alá dun oceáno. O Camiño Francés, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o Camiño de Santiago en Gran Canaria, con máis de medio século de bula papal, materializaron hoxe o seu irmandamento nun acto de presentación dun folleto conxunto e un sello para as credenciais coas que selarán a credencial de cada un dos peregrinos que percorran os municipios destes dous históricos camiños a partir do 1 de xaneiro de 2027.

Interviron a presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, Begoña Balado, tamén concelleira de Arzúa; o vicepresidente e tenente de alcalde de Melide, Xosé Igrexas, así como os representantes dos tres concellos canarios que forman parte deste irmandamento: Elena Álamo, 1ª tenente alcalde de San Bartolomé de Tirajana; Francisco Juan Perera, alcalde de Tejeda e Julio Mateo, 1º tenente alcalde; o director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, así como Socorro Pernas, técnica da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, que foi a encargada de abrir o acto.
Tamén asistiron a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, que foi principal artífice e impulsor do Plan Xacobeo, así como alcaldes e representantes municipais dos concellos integrantes da mancomunidade.
O Camiño Francés, continúa sendo o itinerario máis percorrido. En 2025 rexistrou preto de
242.000 peregrinos que obtiveron a Compostela, o que representa aproximadamente o
45,6 % do total das persoas que completaron as diferentes rutas xacobeas. Unha cifra que
evidencia a súa relevancia internacional e a necesidade de seguir investindo na
conservación do trazado, na calidade dos servizos e na atención ás persoas peregrinas.
En relación con este ano, de xaneiro a outubro o número de peregrinos rexistrados foi de
239.556, fronte aos 235.091 contabilizados no mesmo período do ano anterior, o que
supón un incremento interanual do 1,9% con 4.465 peregrinos máis.
PUBLICIDADE
O Goberno galego mantén unha colaboración continuada coa Mancomunidade e cos
concellos que a integran para favorecer a mellora e promoción desta ruta. Como mostra
deste compromiso, está vixente o novo convenio autorizado polo Consello da Xunta, que
contempla unha achega autonómica, este ano, superior aos 1,12 millóns de euros para
impulsar actuacións vinculadas ao Camiño Francés e preparar a programación da
Mancomunidade con vistas ao Xacobeo 2027.
Este acordo abrangue os concellos de Arzúa, Melide, Triacastela, Monterroso, Palas de
Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos e Sarria, que
desenvolverán as actuacións previstas en colaboración coa Mancomunidade e co
financiamento de Turismo de Galicia.
O convenio establece dúas liñas de actuación. A primeira está destinada aos concellos e inclúe intervencións de mellora paisaxística e embelecemento de bens e recursos situados
no trazado, actividades culturais e turísticas para promover o Xacobeo 2027 e o reforzo do
persoal técnico das oficinas municipais de turismo.
PUBLICIDADE
A segunda liña céntrase na propia Mancomunidade, que contará con financiamento para
desenvolver unha acción anual de promoción do Camiño Francés e do Ano Santo, así
como para a contratación de persoal técnico encargado de coordinar estas iniciativas cos
municipios.
Desde a Xunta se traballa intensamente para que o Xacobeo 2027 sexa unha oportunidade para seguir proxectando Galicia internacionalmente, pero tamén para que os beneficios da actividade xacobea cheguen aos concellos, ao comercio, á hostalaría e ao conxunto do tecido económico dos territorios polos que transcorren os diferentes camiños.
NOTICIA RELACIONADA:
O Camiño Francés e o Camiño de Santiago de Gran Canaria formalizan o seu irmandamento en Arzúa: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cami%C3%B1o-franc%C3%A9s-e-o-cami%C3%B1o-de-santiago-de-gran-canaria-formalizan-o-seu-irmandamento-en-arz%C3%BAa?fbclid=IwdGRjcAVeh19jbGNrBV6GCWV4dG4DYWVtAjExAHBkb2YBc3J0YwZhcHBfaWQMMzUwNjg1NTMxNzI4AAEfuHafv0uxjnV2CCBYf34xmAKk-xZKBfkIreJTMRLgLjEenOxb6_KbKGTF9Z8_aem_fwltQBchHi-d_xz401tsZA









Comentarios