O Centro de Maiores de Boimorto reabre as súas portas tras as obras de mellora
Ecos da Comarca/Boimorto
O Centro de Maiores de Boimorto xa está novamente operativo tras a finalización das obras de mellora realizadas nas súas instalacións.

PUBLICIDADE
O Concello anunciou onte a reapertura deste espazo, que foi renovado co obxectivo de ofrecer unha maior comodidade ás persoas usuarias e volver acoller a veciñanza nas mellores condicións.
PUBLICIDADE
Coa reapertura retómanse tamén as actividades habituais, recuperando así a programación e a dinámica diaria deste punto de encontro para as persoas maiores do municipio.









Comentarios