top of page

O grupo Enredos Teatro retoma os ensaios no auditorio Manuel Dopazo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Durante o mes de outubro, a actividade permanecerá aberta para todas aquelas persoas que queiran sumarse ao proxecto


Ecos da Comarca/Silleda

O grupo Enredos Teatro comeza mañá mércores 2 de outubro o seu proceso de ensaios no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, Silleda. Durante o mes de outubro, a actividade permanecerá aberta para todas aquelas persoas que queiran sumarse ao proxecto, que xa conta cunha ducia de artistas e suma dous anos de traxectoria con actuacións pola comarca do Deza-Tabeirós.

As clases desenvolveranse todos os mércores de 19:00 a 21:00 horas no auditorio de A Bandeira. Enredos Teatro, que xa actuou en escenarios de Bandeira, Silleda, Portas e na emblemática Festa da Empanada, seguirá este ano baixo a dirección dos actores profesionais Carmen Facorro e Javier Castiñeira, creadores de Amorodio Teatro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por segundo ano consecutivo, serán os encargados de guiar os ensaios e dirixir as obras que o grupo levará a escena ao longo do curso. Esta iniciativa cultural ofrece unha gran oportunidade a todas as persoas interesadas en descubrir ou profundar no mundo do teatro, nun espazo de creación e aprendizaxe colectiva.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page