top of page

O goberno silledense leva a pleno as bases das axudas á creación de emprego e para estudantes

Presentadas 128 solicitudes para a bonificación do IBI a explotacións agrogandeiras


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal levará ao pleno ordinario do vindeiro venres día 30 as bases que rexerán a convocatoria de dúas liñas de axudas públicas: as subvencións para a creación de emprego e as destinadas a estudantes na universidade, ciclos de Formación Profesional e, como novidade, tamén a persoas que estén estudando no extranxeiro a través de bolsas como as do programa Erasmus.

No primeiro dos caso, as axudas do Plan Municipal para a creación de emprego do Concello de Silleda, as condicións son similiares ás de convocatorias anteriores, podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta.


Poderán optar as estas axudas as persoas que reunindo as condicións establecidas nas bases emprenderan o seu negocio tamén na anualidade de 2024. Así, a contía global das axudas a repartir pasa de 20.000 a 25.000 euros. O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.


Sector hostaleiro

Como novidade, tamén se inclúe nos criterios de puntuación a apertura de establecementos do sector hostaleiro. O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín.


Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente, que aposten polo I+D+I, e os do sector da hostalería. Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades

monoparentais. As axudas outorgadas dende 2015 poden consultarse na páxina web municipal.


Bolsas para estudantes e aloxamento

No tocante ás axudas para o estudo, a principal novidade é a necesidade de xustificar as mesmas. Poderá optar a elas a mocidade silledense (empadroada no municipio alomenos un ano antes da publicación das bases) que no curso 2025-2026 realice estudos na Universidade, ciclos de Formación Profesional, ensinanzas artísticas superiores, de idiomas, bacharelato de artes ou que estén a participar no programa Erasmus. O importe máximo da subvención por beneficiario/a aumenta ata os 500 euros, calculándose a contía de xeito proporcional á renda familiar.


Estas axudas, convocadas dende a Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, poderán destinarse a sufragar o pagamento da matrícula, gastos de aloxamento e material educativo, incluido parte de material informático que se destine a usos educativos.


En canto á renda familiar, esta non poderá superar os 6.000 euros per cápita, e terán especial consideración as familias numersoas, monoparentais, acolledoras, ou vítimas de violencia de xénero. As bases tanto de axuda ao estudo, para as que se destinarán 20.000 euros en total, como de creación de emprego, someteránse á aprobación do Pleno para proceder á convocatoria, que quedou sen efecto no ano 2024 ao non contar o goberno co apoio necesario para realizar unha modificación orzamentaria.O goberno municipal levará ao pleno ordinario do vindeiro venres día 30 as bases que rexerán a convocatoria de dúas liñas de axudas públicas: as subvencións para a creación de emprego e as destinadas a

estudantes na universidade, ciclos de Formación Profesional e, como novidade, tamén a persoas que estén estudando no extranxeiro a través de bolsas como as do programa Erasmus.


No primeiro dos caso, as axudas do Plan Municipal para a creación de emprego do Concello de Silleda, as condicións son similiares ás de convocatorias anteriores , podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta. Poderán optar as estas axudas as persoas que reunindo as condicións establecidas nas bases emprenderan o seu negocio tamén na anualidade de 2024. Así, a contía global das axudas a repartir pasa de 20.000 a 25.000 euros.


O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.


Sector hostaleiro

Como novidade, tamén se inclúe nos criterios de puntuación a apertura de establecementos do sector hostaleiro. O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego iniciouse no 2015 para fomentar a creación de emprego. “Calquera silledense que esté en situación de desemprego e queira emprender un negocio en Silleda conta con estas axudas a fondo perdido, sempre que cumpla as condicións establecidas nas bases”, lembra a concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín.


Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente, que aposten polo I+D+I, e os do sector da hostalería


Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais. As axudas outorgadas dende 2015 poden consultarse na páxina web municipal.


Bolsas para estudantes e aloxamento

No tocante ás axudas para o estudo, a principal novidade é a necesidade de xustificar as mesmas. Poderá optar a elas a mocidade silledense (empadroada no municipio alomenos un ano antes da publicación das bases) que no curso 2025-2026 realice estudos na Universidade, ciclos de Formación Profesional, ensinanzas artísticas superiores, de idiomas, bacharelato de artes ou que estén a participar no programa Erasmus. O importe máximo da subvención por beneficiario/a aumenta ata os 500 euros, calculándose a contía de xeito proporcional á renda familiar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Estas axudas, convocadas dende a Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, poderán destinarse a sufragar o pagamento da matrícula, gastos de aloxamento e material educativo, incluido parte de material informático que se destine a usos educativos. En canto á renda familiar, esta non poderá superar os 6.000 euros per cápita, e terán especial consideración as familias numersoas, monoparentais, acolledoras, ou vítimas de violencia de xénero.


As bases tanto de axuda ao estudo, para as que se destinarán 20.000 euros en total, como de creación de emprego, someteránse á aprobación do Pleno para proceder á convocatoria, que quedou sen efecto no ano 2024 ao non contar o goberno co apoio necesario para realizar unha modificación orzamentaria.


Por outra banda, o Concello de Silleda rexistrou este ano un total de 128 solicitudes para acollerse á bonificación do Imposto de Bens Inmobles para as construcción agrogandeiras, tres máis que no exercicio de 2024. Estas solicitudes inclúen un total de 174 referencias catastrais. Esta bonificación foi acordada polo goberno municipal xa en 2016, logo de saber que a revisión catastral integral realizada dende a Dirección Xeral do Catastro incluiría a referenciación de construccións relacionadas co sector primario. Os propietarios de estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- foron atendidos nos últimos meses no Punto de Información Catastral (PIC) do Concello.


O listado será sometido á aprobación no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro venres.


Coa modificación da normativa municipal, proposta pola Alcaldía e que entrou en vigor en xaneiro de 2017, recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construcción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego. No caso das que conten ca mesma referencia catastral que a vivenda, a bonificación é do 50%. Das solicitudes deste ano, só 56 recibirán unha bonificación da metade do recibo, e as 72 restantes do 95%.


Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.


Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse daquela ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. “Ningúen dubida do peso do sector primario no noso Concello”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández Pena .




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page