top of page

O goberno local de Vila de Cruces responde ás últimas acusacións do Partido Popular

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Tras as últimas declaracións do Partido Popular de Vila de Cruces, o equipo de goberno de Xuntos Polo Noso Concello quere "informar á veciñanza da realidade dos feitos que pouco teñen que ver coas graves acusacións inventadas polo partido que dirixe Jesús Otero".


En primeiro lugar quere facer referencia á nota de prensa publicada o 15 de xaneiro de 2025 "onde acusan a “certos traballadores municipais” de empregar unha furgoneta de vías e obras para uso persoal. O aluguer de dita furgoneta responde ás necesidades do servizo, posto que durante 9 meses ao ano hai unha plantilla superior á cantidade de vehículos en propiedade do concello. Como é lóxico, os operarios de vías e obras teñen que desprazarse diariamente ás parroquias do noso concello co material necesario para realizar as labores de limpeza e mantemento e para iso precisan un medio de transporte que neste caso é a furgoneta".

Parte do equipo de goberno en semanas pasadas supervisando unhas obras.
Parte do equipo de goberno en semanas pasadas supervisando unhas obras.

A maiores disto cabe sinala que cabe destacar que as dúas furgonetas adquiridas recentemente a través da subvención de Compensación Ambiental foron para substituír outros vehículos de mais de 30 anos que estaban constantemente avariados e que supoñían un gran gasto para o concello. "Compre sinalar que a foto que o Partido Popular adxunta na noticia é sacada nas dependencias municipais de vías e obras non no domicilio particular de ningún operario, polo que non entendemos como dende un partido político se pode inventar este tipo de acusacións e intentar facer demagoxia querendo manipular á veciñanza".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto á nota de prensa publicada no día de onte, o goberno local amosar a súa

"indignación pola maneira que ten de facer oposición o Partido Popular de Vila de Cruces xa que todas as súas notas de prensa se basean en “run, runs” como din eles, en “sospeitas” e en “presuntas irregularidades”. Xa que falan de delitos gustaríanos recordarlles que difamar, calumniar e denigrar, empregando acusacións falsas é un deles".


Para comezar, apunta, "queremos informar á veciñanza de que todos os procesos selectivos que se realizan nos concellos contan cun tribunal do que non forman parte as figuras políticas do equipo de goberno. Ese tribunal é o responsable de elaborar e avaliar as distintas probas de selección, polo que unha vez máis deixase en evidencia que as declaracións do Partido Popular con Jesús Otero á cabeza carecen de veracidade e son invencións do propio partido".


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page