top of page

O PP de Vila de Cruces acusa ao goberno local de "irregularidades en procesos de selección de persoal"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces vén de solicitar o acceso aos últimos dous expedientes correspondentes aos procesos de selección de persoal, mediante concurso-oposición e oposición libre, para cubrir prazas de operarios de servizos múltiples no servizo de obras municipal. "A nosa formación considera necesario publicar as numerosas irregularidades que planean sobre estes procesos", sinalan os populares.

"Desde o inicio destes procesos, no municipio existía un forte “run-run” de que estas prazas estaban xa adxudicadas previamente. Lamentablemente, unha vez rematados os procesos de selección, todo apunta a que se confirmaron estas sospeitas. Entre os candidatos que obtiveron praza atópase o irmán do propio concelleiro de vías e obras, un feito que xera inquietude e preocupación entre os veciños do municipio e os demais aspirantes", asegura o PP. "Ademais, durante o desenvolvemento administrativo destes procesos detectáronse presuntas irregularidades que poñen en dúbida a súa transparencia e imparcialidade. Estes indicios apuntan a que os procesos puideron estar amañados de antemán, vulnerando os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade que deben garantir este tipo de convocatorias públicas".


Os populares consideran que "estes feitos poderían ser constitutivos de varios delitos como prevaricación administrativa, por non garantir a legalidade nos procedementos, fraude na contratación pública, ao desvirtuar os principios de acceso libre e igualitario e posibles prácticas de nepotismo, ao beneficiar familiares directos de membros do goberno municipal".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo isto, desde o Partido Popular de Vila de Cruces, cren "imprescindible que se anulen os procesos realizados e que se convoquen de novo garantindo a transparencia, a igualdade de oportunidades e o cumprimento estrito da legalidade vixente. Os veciños e veciñas de Vila de Cruces merecen uns procedementos públicos limpos e xustos que aseguren a confianza na xestión municipal. Desde aquí instamos ao equipo de goberno a actuar con responsabilidade, permitir a revisión destes expedientes e asegurar que no futuro ningún proceso selectivo estea baixo a sombra da sospeita".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page