top of page

O Partido Popular de Vila de Cruces non comparte o “Plan Móvete” do alcalde, Luís Taboada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Asegura que teñen "unha furgoneta alugada por 756,25 euros ao mes"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces sinala que non pode calar "diante da incríbel e "misteriosa" situación que se presenta no noso querido Concello. Resulta que temos unha furgoneta alugada por 756,25 euros ao mes".

"Si, leron ben: SETECENTOS CINCUENTA E SEIS EUROS CON VEINTICINCO CÉNTIMOS! a cal xa non se precisa dende fai uns meses dado que o Concello adquiriu a través de Subvencións da Xunta de Galicia varios vehículos novos. Para que se segue usando? Para que certos traballadores municipais do servizo de vías e obras afíns ao magnífico Alcalde Taboada e o seu Concelleiro de Vías e Obras poidan utilizala para os seus asuntos particulares. A pregunta é: é esta furgoneta parte do "Plan Móvete” do señor Taboada? Se así fora, xa deberiamos empezar a planificar un tour turístico para ensinar aos veciños como sacar partido dos impostos municipais!".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por iso, desde o Partido Popular instan "a todos os veciños e veciñas do municipio que necesiten un transporte ou simplemente desexen probar a furgoneta se poñan en contacto co Concelleiro de Vías e Obras o u directamente co señor alcalde para pedir cita. ¡Despois de todo, se uns poucos poden usala para fins particulares sen problemas... porque non debería podelo facer calquera veciño? O final do día, todos pagamos impostos; así que é hora de que as veciñas e os veciños do municipio dean un paseo na “furgona” deste goberno tan transparente".


Para rematar, engade o PP, "queremos "recordar aos nosos amigos do goberno local que isto empeza a parecer un circo político con entrada gratis".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page