top of page

O goberno de Silleda lamenta o custe de ter que convocar un novo Pleno "ante a actitude dos grupos da oposición"

O luns celebrarase unha comisión informativa extraordinaria urxente para abordar os dous temas que quedaron pendentes de aprobar "pola negativa de PP de BNG, antes do novo pleno extraordinario"


Ecos da Comarca/Silleda

O goberno municipal lamenta que se teña que celebrar un novo pleno a vindeira semana, con carácter extraordinario, "ante a actitude, nunca vista na Corporación silledense, dos dous grupos da oposición". O executivo lembra que o Pleno foi convocado o luns, xusto despois de chegar toda a documentación necesaria para poder abordar a adxudicación da obra do PON2030, actuación que xa se debateu en anteriores ocasións.

"Dende Secretaría os voceiros dos grupos foron advertidos de que este asunto xunto ca relación de explotación agrarias con bonificación do IBI irían na orde do día, unha orden totalmente legal, sen dictaminar. Lamentamos profundamente que pola suposta falta de tempo do PP e o BNG para estudar os expedientes se retrasen dúas cuestión de máximo interese: por un lado a bonificación para o sector agrogandeiro e por outro unha obra das máis destacadas desta lexislatura, que como todas ten uns prazos que hai que respetar”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"Ao frenar cos seus votos a inclusión do debate, os dous asuntos terán que ir a un pleno extraordinario, cos custes que implica para as arcas. Só en asistencias, entre pleno e comisión, son 2.400 euros por sesión", sinala o equipo de goberno.


Data do pleno cambiada

Dende o goberno, a alcaldesa advirte que "o máis curioso de todo é que o Pleno ordinario que tiña que terse celebrado o pasado día 30, se cambiou de data a petición dos grupos da oposición. Deste xeito, dende o goberno se propuxo incluir estes dous asuntos para evitar facer unha sesión extraordinaria. Sabían que había pleno o día 6, porque se acordou en comisión, e polo tanto ben pudieron estar atentos á convocatoria”, engade.



Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O vindeiro luns día 10 vaise celebrar unha comisión extraordinaria e urxente para abordar estas dúas cuestións. “Esperamos que ahora si teñan tempo de ver a documentación”, engade Fernández Pena, que ademais lamenta que se teñan tempo en casos como o PP de presentar mocións “in voce” sen nin sequera facilitar unha copia aos grupos con propostas de calado que implicarán un esforzo económico para o Concello, mentras

por outro lado se dedican a bloquear operacións habituais no 99.9 % dos concellos como son os suplementos de crédito”. 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page