top of page

O goberno de Rodeiro solicita unha parada no servizo de bus que conecta cos hospitais de Santiago

"Dende a concellería de Sanidade do Concello de Rodeiro non entendemos como se discrimina a Camba e se deixa sen este servizo esencial para un municipio coas nosas características", recalca a concelleira Julia Dacal


Ecos da Comarca/Rodeiro

Julia Dacal Juiz concelleira delegada da Área de Sanidade e en representación do goberno municipal de Rodeiro presenta unha proposición para a súa inclusión na orde do día do vindeiro pleno a través da cal solicita á conselleira de Infraestruturas e mobilidade o establecemento dunha parada en Rodeiro no servizo da liña de autobús que conecta cos hospitais de Santiago de Compostela.

"A Xunta de Galicia activou unha liña de transporte o día 17 de xullo denominada "Lalín- Hospital de Conxo". Esta liña de transporte permitirá ao persoal sanitario, así como a calquera outra veciño ou veciña acudir ao Hospital Clínico e ao Hospital de Conxo de Santiago de Compostela", lembra e engade que esta está operativa todos os días do ano e ten tres expedicións de ida e tres de volta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este recorrido conta a día de hoxe con 17 paradas que son as seguintes: Lalín estación de autobuses, Bergazos, Taboada, Silleda, Bandeira, Lamela, Penaporrín, Loimil, Balboa, Arnois, Ponte Ulla, Ribadulla, Lestedo, A Gandara, Santiago estación intermodal, Hospital Clínico de Santiago e Hospital de Conxo.


"Dende a concellería de Sanidade do Concello de Rodeiro non entendemos como se discrimina a Rodeiro e se deixa sen este servizo esencial para un concello coas nosas características. Somos o concello máis afastado da Área Sanitaria Santiago de Compostela e Barbanza e cun alto porcentaxe de persoas maiores para as cales, sobre todo, faría deste un servizo esencial".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todos estes motivos, a súa proposta de acordo é a solicitude á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade o establecemento dunha parada en Rodeiro no servizo da liña de autobús que conecta cos hospitais de Santiago de Compostela.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page