top of page

O goberno de Melide responde sobre arquivo da denuncia polos vertidos industriais de Melide

"A denuncia por verquidos que se interpón no seu día, moi ao contrario do que afirma a portavoz do Partido Popular, en ningún caso foi dirixida contra a anterior mandataria municipal nin contra ningunha outra persoa concreta"


Ecos da Comarca/Melide

Hai un días o PP de Melide sinalaba que viña de coñecer que a demanda, tal e como asegura, polo penal que AM-PSOE interpuxo fronte a dúas empresas melidenses polos vertidos acaecidos ao rego Piñor o pasado xullo de 2019 está arquivada. Así o confirma o goberno local ao fío dunha pregunta realizada polo Grupo Popular no pleno ordinario do mes de marzo. “Tardamos en que Pérez e Prado contesten ao que se lle pregunta, pero isto só confirma as nosas sospeitas: todo o mal que se lle fixo ao nome de Melide, aos empresarios que decidiron investir e dar traballo á xente de Melide, só tiña un fin e era a persecución política das antecesoras no cargo de alcalde sas”, sinala a portavoz popular, Dalia García. (NOTICIA COMPLETA NO ENLACE: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-persecuci%C3%B3n-penal-do-bipartito-cara-as-empresas-do-pol%C3%ADgono-da-madanela-est%C3%A1-arquivada-di-o-pp )

Ante estas palabras o goberno local de Melide pronúnciase. O comunicado íntegro: "A denuncia por verquidos que se interpón no seu día, moi ao contrario do que afirma a portavoz do Partido Popular, en ningún caso foi dirixida contra a anterior mandataria municipal nin contra ningunha outra persoa concreta, antes ben, unha vez que se recibe

a denuncia pola forza actuante (neste caso o equipo do SEPRONA da Garda Civil) desde

este Concello realízase a precitada denuncia para os efectos de que sexan investigados

os feitos e os posibles responsables dos mesmos que, sobra decilo, en ningún caso

podería ser a anterior mandataria senón supostamente determinadas empresas ás que

apuntaba a Garda Civil no seus distintos informes, así como a propia Consellería de

Medioambiente nos expedientes sancionadores que incoou contra estas empresas

(expendientes sancionadores PES.CO.0007/2019-V Y PES.CO.0010/2019-V).


Polo tanto, as afirmacións e declaracións realizadas pola portavoz do Partido Popular, ademais de non se axustar en absoluto á realidade, son de todo punto inadmisibles xa que o que non se pode pretender é de que desde o Concello se pechen os ollos a actuacións como as ocorridas, en claro prexuízo e menoscabo da cidadanía melidense sen que se faga nada por remedialo. Polo demais, falar dunha posible “depuración de responsabilidades administrativas antes de iniciar un procedemento penal”, a dita afirmación non reflicte máis que un evidente, e incluso preocupante, descoñecemento da nosa lexislación, xa que de existir unha denuncia por un posible ilícito penal por parte dos corpos e forzas de seguridade, como foi o caso, esta será sempre prioritaria a calquera outra actuación administrativa que, no caso descrito, tamén tivo lugar.

En relación á posible contratación dun letrado externo aos propios servizos xurídicos do

Concello, iso ademais de ser completamente lícito e tamén axustado a Dereito, e neste caso considerouse preciso dado o gran volume das actuacións e procedementos xudiciais existentes e a sobrecarga que nestes momentos teñen os servizos xurídicos do Concello. Lonxe de ser verdade tamén o que se afirma sobre a dita contratación, demostra un descoñecemento absoluto do asunto. Dita contatación ademáis suponlle ás arcas municipais un total de 22.000 euros anuais, lonxe dos 54.000, que afirma a portavoz

do Partido Popular. A asesoría da que se fala, aínda que pareza incrible e surrealista, non é outra distinta á contratada no seu día precisamente polo anterior equipo de goberno do Partido Popular".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page