top of page

O filme Regueifando con Pracer proxéctase este domingo en Lalín

hace 8 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

Este domingo, ás 13:30 horas, proxectarase o documental Regueifando con Pracer no local de Coquelicó, situado na rúa Alcalde Ferreiro, 8, de Lalín.

A través do humor, dos versos e das conexións íntimas e comunitarias, varias mozas adolescentes protagonizan esta peza audiovisual, na que reflexionan arredor do pracer e da sexualidade.

  PUBLICIDADE

O documental vén de ser recentemente premiado no festival de Cine de Roca. Gravado entre o Deza e Compostela, Regueifando con Pracer está dirixido por Cora Peña e producido por Trespés Filmes, e forma parte dun proxecto promovido por María García (SRA Placerful) e Raquel «a Doallo» (“aopaso”), no que colaboraron diversos colectivos culturais e feministas, así como mulleres regueifeiras galegas.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A actividade é de balde e conta coa colaboración de EXERIA – Mulleres Cristiás Galegas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page