top of page

O centro de Cogami en Silleda mellora o equipamento e as instalacións

hace 53 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O centro de atención diúrna que Cogami ten en Medelo, no concello de Silleda, conta con melloras de equipamento e instalacións tras ser realizadas diferentes actuacións ao longo deste ano 2026. Estas intervencións teñen como finalidade mellorar as condicións dos espazos e facilitar o desenvolvemento das actividades cotiás das persoas participantes e do equipo profesional.

Entre as actuacións levadas a cabo destaca a colocación de estores nas ventás do centro, así como a renovación e incorporación de mobiliario. Neste apartado adquiriuse un novo sofá, taquillas para as persoas participantes e distintos mobles destinados á cociña e á lavandería, co obxectivo de mellorar a organización e funcionalidade destes espazos.

Tamén se renovou o equipamento electrodoméstico coa adquisición dunha placa vitrocerámica, un forno, unha lavadora e unha secadora, elementos que contribúen a facilitar as tarefas diarias e o funcionamento do centro.


As melloras esténdense ao mantemento das zonas exteriores coa incorporación de diferentes ferramentas, como un curtasetos, un soplador de follas e un compresor. Este equipamento permite realizar os traballos de conservación e coidado dos espazos exteriores en mellores condicións.

 PUBLICIDADE

Estas actuacións puideron levarse a través do Plan de Prioridades de COCEMFE, que financia a Fundación ONCE, e das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con estas melloras, Cogami continúa traballando para ofrecer espazos máis funcionais e confortables, adaptados ás necesidades das persoas para favorecer o seu benestar e a súa autonomía no día a día.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page