top of page

José Crespo afirma en Agolada que "o PP subirá as pensións todos os anos de acordo ao IPC"

hace 4 minutos
2 min de lectura

O candidato do PP ao Senado e alcalde de Lalín visitou onte a Feira do Doce desta localidade


Ecos da Comarca/Agolada

O candidato do PP ao Senado pola provincia de Pontevedra, José Crespo, sinalou onte, durante un percorrido pola feira do 12 de Agolada, "que un futuro goberno de Alberto Núñez Feijóo e do Partido Popular subirá as pensións todos os anos de acordo ao IPC como non podía ser doutra maneira” e criticou a "política do medo que está tentando facer con este asunto o PSOE, do que lembrou que foi o único partido que as conxelou, en concreto para a anulidade de 2011".

O tamén presidente do PP de Lalín e alcalde da capital dezá, que aspira á reelección na Cámara Alta, asegurou "o compromiso de Feijóo, recollido especificamente no programa electoral “A Reconstrución Nacional” presentado esta semana, de blindar anualmente o incremento das pagas de xubilación en base á inflación para que os nosos maiores teñan o que merecen e polo que traballaron toda a vida e para que non perdan poder adquisitivo”. Ademais, recalcou que o PP "tentará mellorar o sistema buscando a súa viabilidade e sostenibilidade a través do Pacto de Toledo".

 PUBLICIDADE

“Moi desesperados teñen que estar os socialistas e moi mal lle teñen que dar as contas para recurrir á desesperada a un argumento tan infantil. Despois de deixar o país destrozado e dividido, cun pésimo funcionamento dos servizos públicos e cun maltrato constante a Galicia, veñen agora co conto do lobo. E ten narices que o fagan eles cando, hai que ter memoria, foron o único partido na historia da democracia española que conxelou as pensións, que é algo que pode volver a pasar en calquera momento porque son especialistas en levar o país á bancarrota, xa o fixo Felipe González e despois, dun xeito tremendo, José Luis Rodríguez Zapatero”, manifestou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Crespo, que percorreu a tradicional feira do 12 xunto ao conselleiro e coordinador comarcal do PP no Deza, Román Rodríguez, e a voceira municipal do PP de Agolada, Carmen Seijas, detallou "que a conxelación socialista das pensións foi aprobada por Zapatero a través do Real-Decreto Lei 8/2010 para a súa entrada en vigor en 2011 e ese triste acordo das pensións foi posteriormente validado nas cámaras polo entón deputado Pedro Sánchez e pola tamén entón senadora Carmela Silva. Parece un pouco raro escoitala pontificar de pensións cando é a única candidata da provincia neste 2026 que unha vez levantou a man para que se conxelaran”, rematou o candidato popular.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page