top of page

O edil cruceño Julio López abandona Xuntos polo noso Concello por discrepancias

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O concelleiro de Vila de Cruces de Xuntos polo Noso Concello Julio López abandona o seu partido e anuncia que se parará ao grupo mixto debido a desavenencias.

Julio López, Luis Taboada e Mireya Otero. (Os tres levan gobernando dende a elección de Xuntos)
Julio López, Luis Taboada e Mireya Otero. (Os tres levan gobernando dende a elección de Xuntos)

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así o anunciaba hoxe as través das súas redes sociais.


"Un tempo de reflexión e un novo camiño por percorrer

Ola a todos e todas, veciños e veciñas:

Aproveito este domingo de descanso para falarvos un pouquiño dende o corazón e con total claridade. Como moitos xa estaredes lendo e escoitando, este pasado venres din un paso importante e presentei no rexistro do Concello a miña solicitude para abandoar Xuntos Polo Noso Concello e pasarme ao Grupo Mixto.


Non foi unha decisión fácil nin tomada á lixeira, pero si foi tomada por coherencia e respeto a min mesmo.


Dende aquel 2019 no que un grupo de amigos montamos Xuntos polo Noso Concello, a miña prioridade foi sempre a mesma: traballar por Vila de Cruces. En Cultura e Turismo deixeime a pel, e gracias ao voso apoio, nas eleccións do ano 2023 medramos moito... pero ás veces, medrar fai que as prioridades de algúns cambien e se esquezan de onde viñamos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nos últimos tempos, as cousas puxéronse "curiosas". Entre cambios de despacho que case me mandan fóra do mapa, falta de comunicación e algunhas decisións de "familia" coas que, en absoluto podo estar de acordo , a situación fíxose insostible chegándose incluso a cerrar cousas de Cultura ás miñas espaldas demostrando unha falta de respeto total e absoluta.


Un pode perder un despacho ou pode perder unha tenencia de alcaldía, pero o que nunca se debe perder é a dignidade e o respeto a un compañeir@.


E agora, que?

Pois agora sigo aquí, con máis liberdade que nunca !!!!

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Mentres o Alcalde non decida cesarme nos meus cargos, seguirei á fronte das miñas concellerías coas mesmas ganas e a mesma ilusión do primeiro día. O meu compromiso con Cruces é innegociable e non depende dunha sigla nin dun sillón, depende da palabra que vos din no seu día e da confianza que vós me devolvestes cos vosos votos.


Cambiarei de sitio nos plenos, pero o que non me cambiarán son as ganas de estar ao voso lado e facer política para a xente, para toda a xente. Teño moi claro que viñen a "servir ao meu pobo" non a "servirme do meu pobo" que é moi distinto.


Para todo o que necesitedes sigo sendo o mesmo Julio (Viscu) de sempre, e aquí estarei á vosa disposición

Disfrutade moito do que queda de domingo

Vémonos!!!!!" .


Julio López, concelleiro de Vila de Cruces




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page