top of page

O deporte e a confraternidade foron protagonistas na fase zonal de cros Terra do Deza

5 oct 2025
1 min de lectura

Participaron 1.200 rapaces e rapazas


Ecos da Comarca/Silleda

A fase zonal de cros Terra do Deza do programa Xogade, organizada polo servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, volveu un ano máis ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda.

Este evento deportivo, co que se pretende fomentar a actividade física e a relación entre

os rapaces da zona, contou esta mañá coa participación de 1.200 alumnos e alumnas de

primaria e secundaria de once centros educativos da comarca. Estes foron o CPR María Inmaculada e o CEIP de Silleda; o CPI de Rodeiro; o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP Cerdeiriñas, de Vila de Cruces; e tamén o CEIP Vicente Arias de la Maza, o IES Laxeiro, o CEIP Varela Buxán, o CEIP Manuel Rivero, o CEIP Xoaquín Loriga e o IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín.


 PUBLICIDADE

Esta competición, que é clasificatoria para o Campionato Provincial, incluíu categoría benxamín (2º e 3º de primaria), no cal correron 450 metros; alevín (4º e 5º de primaria),

con distancias de 900 metros; infantil (6º de primaria e primeiro de ESO), correndo 1.350

metros; e cadete (2º e 3º de ESO), cunha distancia de 1.800 metros.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, os rapaces e rapazas tamén participaron, por centros, nunha divertida

competición que incluía, entre outras, probas nas que tiñan que demostrar as súas

habilidades bailando e cantando.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page