O cruceño Emilio Montilla, campión galego M55
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 2 min de lectura
A veciña de Dozón Tamara García xa está de volta e quedou 4ª absoluta
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O CD Biosbardo acadou distintos resultados durante esta pasada fin de semana no Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical desputado en Vilamartín de Valdeorras, cun novo triunfo de María Frey López. Ademais, o cruceño Emilio Montilla proclamouse campión galego M55.

CAMPIONATO GALEGO VERTICAL
MARÍA FREY – CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA
Doblete para María Frey, doble campioa galega. Se ben a semana pasada se proclamaba Campioa Galega de Carreiras de Montaña en Folgoso do Courel, este domingo relizou unha carreira descomunal para proclamarse Campioa Galega de Subida Vertical
O TRAZADO: O “Sacauntos” é o nome que recibe o circuito de Vilamartín de Valdeorras, pois nos seus 4,2 km ascende a friolera de 1010 metros. Un campionato galego cuns datos típicos dunha gran cita internacional.
MARÍA FREY – VITORIA INCONTESTABLE
Desde un inicio impuxo o seu ritmo, constante, forte e estable sen mirar para atrás. O record anterior da proba estaba en posesión da atleta internacional María Martínez, en 1h 00 min e 16 segundos; nesta edición María Frey rebaixou o tempo a 52’15’’ un gran mordisco ó tempo, sacando case 4 minutos á segunda clasificada, a atleta olímpica Julia Vaquero, que chegaba exhausta a meta.
PUBLICIDADE
Segunda vitoria consecutiva de María Frey, doble campioa galega e que lle abre as portas dos postos directos da Selección Galega, ós seus 26 anos cun futuro prometedor por diante.
CHARO FIGUEROA – Campioa Galega F 45. Especialista en longa distancia Charo afrontou a “agonía” dun vertical, proclamándose campioa galega na categoría F45 no 11o posto da Xeral
PUBLICIDADE
EMILIO MONTILLA – Campión Galego M55. Carreira impresionante, loitando no grupo de cabeza e chegando como 7o da xeral.
Outra das notas positivas é a volta de Tamara García, veciña de Dozón, que na súa primeira competición oficial entraba 4ª absoluta en meta, un resultado sumamente satisfactorio despois da súa recuperación.








header.all-comments