top of page

O Concello de Silleda cede o uso dun local á Escudería Silleda

 Ecos da Comarca/Silleda

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández; a concelleira de Deporte, Mónica González, e Juan Pablo Cajide, presidente da Escudería Silleda, veñen de asinar un convenio de cesión do uso dun despachos dispoñibles no Centro Social de Silleda.

Ambas entidades continúan así colaborando de cara á estrea da escudería, que leva meses traballando na organización do I Rallisprint Concello de Silleda, que se disputará o vindeiro 18 de maio.


Publicidade

Nesta xuntanza tamén se continuou avanzando na organización do evento, que se presentou ao público o pasado día 14, “e no que sabemos que esta escudería de recente creación está a traballar arreo para que Silleda se convirta na capital do automobilismo o vindeiro día 18”, engade a alcaldesa.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page