top of page

O Concello de Rodeiro incorpora unha nova máquina varredora para mellorar a limpeza viaria

20 sept 2025
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Rodeiro

 O Concello de Rodeiro vén de recibir unha nova máquina varredora para a limpeza das rúas, subministrada pola empresa Baygar S.L., dando así cumprimento a un dos compromisos recollidos no programa electoral do actual goberno municipal.

A anterior máquina presentaba un estado moi deficiente: non limpaba correctamente, soltaba moito po ao seu paso e, en ocasións, chegaba a ensuciar máis do que limpaba, xerando malestar entre a veciñanza. Ademais, o seu mantemento resultaba cada vez máis custoso debido ás constantes avarías.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A nova maquinaria supuxo un investimento total de 86.185 euros, dos cales 50.199 euros foron achegados a través do Fondo de Compensación Ambiental, mentres que o importe restante foi cuberto con fondos propios do Concello de Rodeiro, 35.986 euros.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Rodeiro subliñou que “esta nova varredora era unha demanda da cidadanía que seguro se vai encontrar satisfeita e era  unha prioridade do noso programa. Coa súa incorporación melloramos de forma notable a limpeza viaria e reducimos gastos de reparación, ofrecendo unha imaxe máis coidada e saudable das nosas  rúas".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page