top of page

O Concello de Agolada organiza a tradicional Festa dos Chóferes

Haberá bendición de vehículos e a xornada estará amenizada pola Charanga Leña Verde


Ecos da Comarca/Agolada

Como cada último sábado de xullo, celebrarase en Agolada a tradicional Festa dos Chóferes. Deste festexo sempre se encargaba a comisión de Festas do San Pedro e San Pablo, pero este ano debido á pandemia ninguén se puxo ao fronte, polo que o Concello decidiu coller o relevo. Pois tamén será o Concello quen tome a organización desta cita na Carballeira da Zanca o día 31 de xullo. A programación será máis reducida polo tema da pandemia. De feito, todos os anos había un concurso de carrozas, pero este ano non se celebrará.


A xornada festiva arrancará ás 13:00 horas coa bendición diante da igrexa de Agolada

de vehículos, pero non haberá misa.


As persoas que así o desexen poderán desfrutar dunha comida campestre na Carballeira da Zanca. O Concello apela á responsabilidade individual para que tanto na comida como durante toda a xornada se cumpran todas as medidas para loitar contra a pandemia. Hai que recalcar que só se permite as reunións de dez persoas en exteriores.


A cita festiva estará amenizada pola charanga Leña Verde.

A charanga Leña Verde tamén actuou no San Pedro.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page