Ecos da Comarca/Silleda
Persoas usuarias e profesionais do centro de atención diúrna que ten Cogami en Medelo (Silleda) desprazáronse ata o CPI Plurilingüe de Vedra para levar a cabo unha xornada de sensibilización sobre as persoas con discapacidade e traballando na eliminación de barreiras mentais para facilitar a súa inclusión.
Publicidade
Durante esta xornada de sensibilización, na que participaron alumnas e alumnos dos cursos de infantil e 3º de primaria, preparáronse diferentes probas como escribir palabras en braille, comunicarse en lingua de signos, percorrer un circuíto con muletas ou adiviñar obxectos a través do tacto e cos ollos tapados. A través destes xogos inclusivos preténdese normalizar a discapacidade.
Publicidade
Estas charlas de sensibilización nos centros de ensino pretenden concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, de que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades.
Comentários