O BNG traslada ao Parlamento Galego a necesidade de dotar ás Galiñas Azul de Lalín de climatización
- ecosdacomarca

- 11 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG traslada ao Parlamento Galego a necesidade de dotar ás escolas infantíns Galiña Azul de Lalín de climatización. A deputada nacionalista Ariadna Fernández ven de rexistrar iniciativas ao respecto dos problemas sufridos nas escolas da rede pública da localidade durante a pasada vaga de calor, solicitando que se instale climatización nas aulas e se garanta a existencia de maior cantidade de sombras nos patios exteriores.

Publicidade
"A realidade do cambio climático é xa innegable en Galiza, que sofre cada vez máis
os numerosos fenómenos extremos, tanto nas estacións frías coma nas cálidas, afectando gravemente á saúde das persoas, coma veñen de amosar informes ao
respecto. Ninguén quedou á marxe dos efectos das recentes vagas de calor que se sufriron no país xa no mes de xuño, afectándolle de xeito especial ás persoas maiores e aos máis pequenos, entre eles os alumnos e alumnas das escolas infantís lalinenses. Estas
pasadas xornadas, onde as temperaturas no exterior superaron os 35 graos, as crianzas
das escolas infantís de Lalín tiveron que aturar o calor sen ningún tipo de equipa de climatización ou aire acondicionado, co que iso implica para o seu benestar e o dos
traballadores e traballadoras que alí desenvolven a súa labor durante moitas horas do día,
sen ter xeito de evitar as consecuencias desta vaga e chegando aos 30 graos no interior", lamenta o Bloque.
Publicidade
“Garantir unhas boas condicións nas instalacións das escolas infantís dependentes da rede pública é unha responsabilidade da Xunta de Galiza, que ten que adaptar os seus
centros á realidade climática galega, con temperaturas cada vez máis elevadas durante
máis meses do ano. Por iso, dende o BNG, trasladamos esta problemática ao Parlamento
Galego, solicitando medidas que pasen pola instalación de equipas de climatización ou
aire acondicionado dotando, asemade, os patios exteriores con máis sombras para que as
crianzas poidan resgardarse do sol” aclara a deputada tras presentar iniciativas ao
respecto esta semana, tras recibir queixas das familias e as traballadoras.








Comentarios