O BNG denuncia “abandono” dos usuarios en Lalín das CPAP contra a apnea
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 3 Min. de lectura
Mari Fernández exixe unha resposta para os usuarios deste dispositivo que levan máis dun ano sen mantemento das máquinas
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín vén de recibir numerosas queixas de varios usuarios do CPAP (polas súas siglas en inglés, Continuous Positive Airway Pressure - Presión Positiva Continua na Vía Aérea), un tratamento fundamental e a solución máis efectiva para os enfermos de apnea obstrutiva do sono (AOS) moderada e severa.

"Son moitos os e as veciñas de Lalín que teñen diagnosticado polos seus médicos
o uso deste dispositivo para evitar que a apnea provoque que deixen de respirar pola
noite mentres dormen. Os usuarios do CPAP en Lalín recibían ao comezo dos seus tratamentos visitas mensuais no seu domicilio para labores de mantemento e comprobación do seu correcto funcionamento. Pero o Sergas mudou hai cinco anos a concesión deste servizo a unha nova empresa que abriu unha oficina en Lalín na Praza da Mariña, onde eran os usuarios os que tiñan que desprazarse coas súas máquinas para as labores de mantemento, que xa entón se foron espaciando no tempo até cada 4 meses", denuncian os usuarios afectados ao BNG.
PUBLICIDADE
"Esta situación que foi precarizándose nos últimos anos volveuse dramática desde hai algo máis dun ano cando a empresa fechou a oficina que tiña en Lalín e deixou aos usuarios das CPAP sen mantemento algún das súas máquinas e sen control do seu bo funcionamento médico para seguir correctamente os tratamentos", sinala a responsable
local do BNG, Mari Fernández logo de falar con estes pacientes “que están moi
preocupados porque dependen destas máquinas que levan máis dun ano sen revisar para
garantir o seu bo funcionamento, o tratamento correcto das súas apneas e a súa calidade
de vida”.
Cando a empresa comunicou, , explica o Bloque, fai máis dun ano o feche da súa oficina na Praza da Mariña "díxolle aos usuarios afectados que ían habilitar un espazo no CIS para o mantemento e revisión dos seus equipos". “Fai máis dun ano e non hai rastro desta nova promesa que o Sergas incumpre máis unha vez coas veciñas e veciños de Lalín”, denuncia Fernández Sanmartín. O BNG de Lalín lamenta “este novo abandono por parte da sanidade pública á veciñanza do noso concello”.
Critica Fernández Sanmartín “que esteamos diante dunha nova mostra de que o CIS de
Lalín chegou tarde mal e arrastro e segue sen cumprir co obxectivo fundamental de prestar aos e ás lalinenses uns servizos públicos e de calidade imprescindibles para a súa
saúde”.
PUBLICIDADE
“Abandono”
A través das queixas dos usuarios destas CPAP o BNG de Lalín vén de constatar “a sensación de abandono que teñen os numerosos pacientes con apnea do sono no noso
concello”, sinala Fernández Sanmartín. Logo de levar máis dun ano sen poder facer
mantemento dos seus equipos para respiración nocturna “non saben si a presión do
oxíxeno que nos receitou o médico é a correcta nas CPAP, e partes da máquina coma as
máscaras, cintas e filtros están nun estado lamentable”, denuncia Fernández Sanmartín.
Para o BNG de Lalín o que están a padecer estes veciños e veciñas diagnosticados con
apnea do sono “é gravísimo e atenta contra o seu dereito a unha atención sanitaria
pública de calidade e contra o seu benestar e calidade de vida”. Fernández Sanmartín
trasladou aos usuarios destas CPAP no concello todo o seu apoio e axuda para exixir ás
administracións que garantan o mantemento mensual destes dispositivos “receitados
como tratamento polo Sergas e abandonados agora á súa sorte co correspondente risco
para os usuarios”.








Comentarios