Demanda diversificar o servizo e ampliar as prazas para cubrir a demanda
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces demanda a necesidade de adaptar o Plan Concilia de Verán á realidade que hai no concello. "Na actualidade, co financiamento que se destina a este plan, a empresa que se encarga deste servizo só pode atender a 70 crianzas, fronte ás preto de 300 que hai matriculadas nos centros educativos do concello e ás 97 solicitudes presentadas para a primeira quincena", sinala o Bloque.
Publicidade
Ademais sinala que "un dos principais motivos da problemática que se presenta é a parte
económica, polo que non é suficiente para diversificar o servizo debido á dispersión poboacional e ás necesidades dos usuarios e usuarias".
Publicidade
"Dende o BNG apostamos por dar prioridade a satisfacer a conciliación das familias demandantes, polo que se precisa maior inversión para contratar máis persoal, co fin de acoller a máis crianzas e poder atender ás distintas necesidades especiais dos usuarios, así como reformular o proxecto, dando cabida a poder ofrecer o servizo Concilia de Verán noutros espazos onde se poida acoller un maior número de crianzas, xa que na actualidade o servizo centralizase entre o pavillón municipal e as piscinas".
Comments