O BNG de Silleda reprocha "a demora" do goberno en adxudicar o contrato da luz dos edificios municipais
- ecosdacomarca

- 14 feb 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda parabeniza ao goberno municipal polo aforro producido nos gastos de
electricidade a raíz da nova contratación do servizo e lamenta que non se tivera feito
moito antes.

"Hoxe (por onte) a alcaldesa de Silleda expón profusamente o aforro de cartos como consecuencia dun concurso do subministro da enerxía eléctrica para edificios municipais. Para o BNG o aforro é substancial e só podemos engadir que lamentamos que non se tivera feito antes, de tal xeito que este aforro do que fala hoxe, se podería multiplicar por un montón de anos".
Publicidade
Hai que recordar, sinala, "que sistematicamente, todos os anos, o informe de intervención lletiraba das orellas ao goberno municipal pola ausencia dun contrato de subministro de
enerxía e polo tanto en situación de irregularidade. Tantas veces como a Intervención
poñía de manifesta esta irregularidade nos informes que emitía, outras tantas o BNG lle
reclamou que se sacara a concurso o subministro de enerxía non só para estar dentro
da legalidade, senón para que se producise un aforro na factura".
“Presumir agora dun aforro do 32% só por adxudicar o contrato, lévanos a preguntarnos
canto levamos pagado en exceso nos últimos 18 anos. Demostra que tiñamos razón ao
esixir que se sacase a concurso este e outros contratos de servizos aínda pendentes,
como o do subministro de carburantes para os vehículos municipais”, indica Erea Rey,
que engade que “a celebración de hoxe ten que ir acompañada do reproche por parte
do BNG por non telo feito hai anos”. A noticia sobre isto no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/silleda-reduce-un-32-a-factura-da-luz-dos-edificios-municipais-contratando-a-trav%C3%A9s-da-central-da-f








Comentarios