top of page

Silleda reduce un 32% a factura da luz dos edificios municipais contratando a través da central da FEMP

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de contratar o subministro de electricidade de todos os edificios municipais a través da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), conseguindo así unha redución significativa do gasto enerxético. O custo anual da electricidade dos centros municipais pasa de 275.000 euros a 188.000 euros, o que supón un aforro do 32% nas arcas municipais.

O Consistorio de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.
O Consistorio de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

Parte deste aforro vincúlase tamén á optimización das potencias contratadas que o concello puxo en marcha fai uns meses en colaboración coa empresa silledense Efyciencia Enxeñería, “talento mozo de Silleda que nos permitiu axilizar este expediente e conseguir estos fantásticos resultados” di a alcaldesa Paula Fernández.


A adxudicación do contrato realizouse no marco do acordo para o subministro de electricidade en alta e baixa tensión da FEMP. Este sistema permite a contratación con condicións máis vantaxosas para as entidades locais, garantindo unha xestión eficiente dos recursos públicos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A empresa adxudicataria é Endesa Energía S.A., con quen se formaliza un contrato para un período dun ano, sen posibilidade de prórroga. O contrato inclúe, ademais do aforro directo na factura eléctrica, un estudo gratuíto sobre a xeración de enerxía reactiva e a avaliación económica dos equipos necesarios para a súa redución, permitindo así mellorar a eficiencia enerxética dos edificios municipais.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destacou a importancia desta contratación, sinalando que “a través deste sistema conseguimos optimizar os recursos municipais, reducindo custos e garantindo un subministro enerxético en condicións máis vantaxosas para o Concello. O aforro que logramos reverterase en melloras para a veciñanza e en novas accións para a eficiencia enerxética”.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta medida, o Concello de Silleda avanza cara a unha xestión máis sostible e eficiente dos recursos municipais, reforzando o seu compromiso coa optimización do gasto público e a mellora dos servizos á cidadanía. Esta medida de aforro vén a complementar a entidade Silleda é Luz, que arrancou a finais de 2023 co contrato do servizo de enerxético e de mantemento integral do alumeado exterior en todo o municipio silledense, adxudicado á empresa Ferrovial.


Ademais do cambio de luminarias a tecnoloxía LED, o que xa está a permitir un considerable aforro no consumo, a iluminación exterior do municipio pasou a ser máis sostible e eficiente.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page