top of page

O BNG de Silleda propón a creación dun aparcadoiro municipal para camións

Ecos da Comarca/Silleda

Os concelleiros do BNG de Silleda, Erea Rey e Xerardo Díaz, veñen de rexistrar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal ordinario, previsto a finais de xullo, na que solicitan a creación dun aparcadoiro específico para camións nas inmediacións do núcleo urbano.

A proposta parte da realidade de que "moitas persoas e empresas do municipio se dedican ao transporte e carecen dun espazo axeitado onde estacionar os seus vehículos fóra do horario laboral. Na actualidade, os camións vense obrigados a aparcar nas rúas do casco urbano, o que xera problemas de seguridade para os propietarios, reduce o espazo dispoñible para outros vehículos e dificulta a visibilidade nos cruzamentos", sinala o Bloque.


A moción propón que o novo aparcadoiro estea pechado ao acceso xeral mediante un valado, conte con cámaras de vixilancia e dispoña de aseos e duchas, elementos habituais neste tipo de instalacións. Tamén se contempla a posibilidade de establecer unha taxa específica para o seu uso.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Entre os beneficios destacados para os transportistas atópanse a facilidade para atopar aparcadoiro, o incremento da seguridade dos vehículos e a mellora do benestar grazas aos servizos hixiénicos. Para a comunidade, espérase unha redución das molestias, maior orde e limpeza nas rúas, diminución de conflitos veciñais e unha mellora xeral da seguridade viaria".


Por todo iso, o BNG solicita que o goberno municipal elabore un estudo de viabilidade para esta infraestrutura e que se inicien os trámites para adquirir ou conveniar os terreos necesarios, xa sexa nas aforas da vila ou no polígono industrial Área 33.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A voceira local, Erea Rey, destaca a importancia desta iniciativa para a mellora da convivencia e da seguridade viaria na vila e pídelle ao goberno que atenda esta proposta.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page