top of page

O BNG de Silleda presenta unha moción, denunciando "os efectos negativos da nova planta de celulosa proxectada no río Ulla"

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda vén de rexistrar unha moción para incluír na orde do día do seguinte

pleno municipal, pedindo que o Concello de Silleda se manifeste de maneira clara en

contra da instalación da nova planta de celulosa prevista á beira do río Ulla, no concello

de Palas de Rei.

Na moción presentada, os nacionalistas fan fincapé "nas consecuencias que a

planta pode ter para o medio ambiente e a saúde da veciñanza de Silleda, así como

as consecuencias que pode derivarse para a actividade agrogandeira, que ten un gran

peso neste concello". Por iso, solicitarán ao resto das forzas municipais que apoien

esta moción e manifesten de xeito claro a súa posición a respecto da nova planta de

celulosa.


Publicidade

Desde o BNG de Silleda consideran interesante a declaración institucional en defensa

dos dereitos do río Ulla, aprobada por unanimidade no anterior pleno ordinario, se ben

lamentan que esa declaración non faga mención ningunha ao proxecto para a

instalación da celulosa en Palas de Rei, e que supón neste momento a maior ameaza

medioambiental para o río e a contorna.


Ademais, os dous concelleiros do BNG, Erea Rey e Xerardo Diaz, presentaron a

título individual alegacións no rexistro do Concello persoándose como interesados no proxecto e solicitando á Xunta de Galicia unha declaración negativa das autorizacións e estudos ambientais do proxecto industrial.


Publicidade

Nesa liña, desde o BNG de Silleda levan varias semanas traballando coa plataforma

Ulloa Viva, facendo unha labor didáctica entre a veciñanza e colaborando na recollida

de máis de 250 alegacións individuais de veciños e veciñas do Concello, e que foron

tamén presentadas en rexistros públicos para o seu envío á Xunta de Galicia.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page