top of page

O BNG de Silleda pide ao goberno que lle permita participar nos proxectos de reforma urbana nos que traballa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Lémbralle ao goberno en minoría que debe buscar consensos e considera que desde a súa formación poden facer importantes achegas que sirvan para que as novas obras atendan mellor ás necesidades reais da veciñanza


Ecos da Comarca/Silleda

O Grupo Municipal do BNG de Silleda vén de presentar un escrito dirixíndose ao goberno local no que pide coñecer os pormenores dos proxectos de mellora urbana nos que traballa o goberno e se lle permita facer achegas na fase de redacción dos mesmos. Así, os concelleiros nacionalistas, logo de saber que o goberno traballa na redacción de tres proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís (avenida do Parque, senda peonil Bandeira-Moalde e Recuperacion do espazo público na zona urbana de Silleda) piden ao goberno municipal unha reunión para coñecer os detalles dos mesmos e poder facer achegas e trasladar propostas de mellora.

Os dous concelleiros do BNG de Silleda.

Consideran desde o BNG que dese xeito as súas propostas poderían terse en conta polos técnicos na fase de redacción e incluírse nos respectivos proxectos, enriquecendo os mesmos e facendo que as obras respondan ao interese dunha maioría dos veciños.


Os concelleiros nacionalistas recordan á alcaldesa, Paula Fernández Pena, que goberna en minoría, polo que agardan que esta oferta para facer achegas se teña en conta, para evitar que logo as propostas de mellora feitas desde o BNG queden en papel mollado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Nese sentido, desde o BNG lembran que, ata o momento, sempre facilitaron a aprobación dos proxectos que foron levados a Pleno, por responsabilidade co concello e para evitar que se puidesen perder determinadas subvencións que foran concedidas por outras administracións. Sen embargo, consideran que esa non debe ser a práctica habitual dun goberno en minoría, polo que piden ao de Silleda que busque chegar a consensos con anterioridade, cando os proxectos aínda están en estudo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Por último, desde o BNG apuntan que o Concello debería definir con claridade cales son as súas prioridades en materia de obras, de cara a enfocar os recursos e orientalos en primeiro lugar a proxectos prioritarios.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page