O BNG de Silleda pide ao goberno local que diga o que está facendo para frear o proxecto de Campomarzo
- ecosdacomarca

- 4 oct 2024
- 2 Min. de lectura
Os nacionalistas queren saber se o Concello compareceu como parte interesada no
procedemento e se a Xunta lle recoñeceu esa condición
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda recorda que hai un mes, a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático empezou a solicitar documentación a cada persoa que presentara alegacións contra o proxecto de Campomarzo. "Nun prazo de apenas 10 días, en plena época estival, a veciñanza tivo que acreditar a condición de interesados no procedemento, un requirimento por parte da Xunta que non especificaba a documentación que era preciso aportar. Sen ningún criterio obxectivo, a Consellería está informando o NON recoñecemento da condición de interesado a varias veciños mediante unha simple comunicación non motivada". Ante isto, o Bloque solicita ao goberno local saber que está facendo ao respecto e saber se o Concello compareceu como parte interesada.

Para os nacionalistas esta decisión "está intimamente relacionada coa intención de eliminar persoas no procedemento e facilitar o camiño á empresa solicitante de autorización no vertedoiro; proxecto que conta co rexeitamento total por parte da veciñanza". Desde o BNG lembran que a Lei prevé que son interesadas todas as persoas
con intereses colectivos lexítimos, polo que todas as alegacións presentadas deben
considerarse válidas e recórdalle á Xunta que non pode limitar dita condición só a
persoas que vivan próximas ao vertedoiro ou a aquelas empadroadas no concello.
O BNG de Silleda -facéndose eco do rexeitamento veciñal maioritario- pregúntalle
ao goberno local se ao Concello se se lle recoñeceu a condición de interesado, e
ç que accións está levando a cabo para evitar o reinicio da actividade "contaminante
e a restauración ambiental do espazo de Campomarzo".
Publicidade
"Compre lembrar que o vertedoiro de Campomarzo afecta a un espazo de Rede Natura
2000, que é patrimonio colectivo e que o que defenden os veciños e asociacións de
diferente carácter é a restauración deste espazo, rematando coa degradación que se
está a producir a día de hoxe polos restos do anterior vertedoiro. Neste sentido, hai que
lembrar que o 18 de agosto 2024 entrou en vigor a Lei europea que obriga a
restauración dos espazos naturais", subliña o BNG.







Comentarios