O BNG de Silleda denuncia as continuas verteduras ao ría Deza e reclama medidas urxentes
- ecosdacomarca
- hace 15 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG de Silleda denuncia as continuas verteduras incontroladas ao río Deza. Así, nunha recente visita á contorna do Mosteiro de Carboeiro Carboeiro e á área fluvial da Carixa os concelleiros locais, Erea Rey e Xerardo Díaz, puideron comprobar in situ "a acumulación de abundante escuma nos remansos, o que permite deducir que se trata dunha vertedura de augas contaminadas con deterxentes".

A voceira municipal, Erea Rey, reclama dos organismos competentes "que se tomen en serio estas verteduras, que se repiten cada pouco tempo, e se adopten as medidas oportunas para rematar dunha vez con este tipo de accións que teñen un impacto severo na fauna e flora de ribeira, e que acaban por afectar a toda a conca do Ulla, da que beben e se alimentan milleiros de persoas".
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
“Levamos moito tempo dicindo que o saneamento das augas non é un capricho, senón
unha necesidade básica que debería ser unha prioridade para todas as administracións” recalca a portavoz, que lamenta que nos últimos anos non se teña producido ningún avance nin mellora na cobertura deste servizo no termo municipal de Silleda.
Para a portavoz municipal as autoridades competentes, Concellos e Xunta, teñen a
obriga de actuar de xeito contundente e con todas as ferramentas que lles brinda a lei "e non agardar como meros observadores dando conta do que se ve e excluíndose da responsabilidade destes acontecementos".
Publicidade
Nesa liña, Rey insiste en que "é fácil ver como algunhas depuradoras verten auga con
residuos ao río", e insta ao Concello de Silleda a avaliar o estado e a capacidade das dúas estacións de tratamento de augas residuais coas que conta Silleda, "así como a reclamar de maneira urxente ao resto de Concellos lindeiros cos río Deza e os seus afluentes que fagan o propio, ante as sospeitas de que estas verteduras poidan ter orixe en EDAR que non fan ben o seu traballo de depuración".
Por último, o BNG reclama ao goberno ambición nesta materia e que traballe por estender este servizo de saneamento a máis vivendas, comezando por todas aquelas parroquias máis próximas a ambos cascos urbanos.
Comentarios