top of page

O BNG de Silleda alerta "dunha importante fuga no depósitio municipal de auga de Siador"

22 sept
2 min de lectura

Reclama unha revisión urxente da infraestrutura


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda denuncia a existencia dunha importante fuga de auga no depósito municipal que abastece a vila, situado en Siador. A formación nacionalista detectou unha fisura nunha das esquinas da infraestrutura pola que se está producindo unha perda constante de auga potable, unha situación que considera especialmente grave nun contexto no que se continúa apelando á responsabilidade da cidadanía para reducir o consumo debido á escaseza de recursos hídricos.

Os nacionalistas sinalan que descoñecen desde cando se está producindo esta fuga, pero apuntan que as marcas visibles de humidade e a extensa mancha existente no muro exterior do depósito fan pensar que non se trata dun problema recente nin puntual.


A voceira do BNG, Erea Rey, considera que “non ten ningún sentido pedirlles esforzos aos veciños e veciñas para aforrar auga mentres o propio Concello permite que se estean perdendo litros e litros de maneira continua nunha infraestrutura municipal fundamental”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Rey lembra que a auga que está a escapar do depósito “non aparece por arte de maxia, senón que supón un custo económico para as arcas municipais, xa que previamente

tivo que ser captada do río Deza, bombeada, tratada e potabilizada para poder chegar

aos fogares nas condicións adecuadas”. “Estamos falando de fondos públicos que

literalmente se están tirando polo desaugadoiro”, engadiu.


Desde o BNG advirten ademais de que a fuga podería ser o síntoma dun problema estrutural de maior alcance. “O que máis nos preocupa non é só a auga que se está

perdendo cada día, senón que esa fisura poida estar indicando algún tipo de deterioración na estrutura do depósito. Estamos ante unha infraestrutura crítica para o

abastecemento da nosa vila e non se pode asumir ningún risco nin actuar con

improvisación”, sinalou a portavoz nacionalista.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por este motivo, a formación reclama ao goberno municipal que actúe con urxencia para identificar a orixe exacta do problema, reparar a fuga e realizar unha revisión completa do estado do tanque co fin de garantir a seguridade e o correcto funcionamento dunha instalación esencial para o servizo de abastecemento.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page