top of page

O BNG de Silleda alerta "do mal estado" da ponte de acceso ao lugar de Pedrouzo, en Graba

Ecos da Comarca/Silleda

Os concelleiros do Bloque de Silleda, Erea Rey e Xerardo Díaz, no transcurso dunha visita ao lugar de Pedrouzo, na parroquia de Graba, sinalan que puideron constatar "a situación de perigo na que se atopa a ponte de acceso ao Lugar desde a estrada EP-7201. A simple vista, pode observarse que o firme está afundido nun dos laterais da ponte, abríndose un burato que ten o tamaño suficiente como para ocasionar un accidente grave ás persoas e gando que pasan por alí".

Desde o BNG puxeron esta situación en coñecemento do goberno municipal, para que acometa de maneira urxente os traballos necesarios para tapar o burato e evitar danos maiores que afecten á estrutura da ponte. "Cabe indicar que este camiño é o único acceso

rodado aos lugares de Pedrouzo e Barreiro, polo que no caso de que o burato vaia a máis e afecte á estrutura da ponte, córrese o risco de que ambos núcleos queden incomunicados".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG apuntan que "queremos lembrar que o goberno municipal de Silleda dispón todos os anos de 900.000 euros de fondos da Deputación (Plan Máis Provincia) que pode destinar a investimentos coma este, polo que agardamos que o goberno teña a ben atender esta demanda tan prioritaria". Así mesmo, na visita ao lugar de Pedrouzo, os concelleiros do Bloque recolleron outras demandas de cuestións básicas, como son:

 axuda das máquinas municipais nas labores de mantemento da rede de abastecemento de auga feita hai anos pola propia veciñanza, ou a realización de traballos de limpeza e drenaxe de camiños públicos que dan acceso ás fincas situadas arredor do Lugar.


En palabras da portavoz nacionalista, Erea Rey: “xa que o goberno non é capaz de ampliar a rede de abastecemento de augas das parroquias porque non o considera unha prioridade, nós cremos que o Concello debería, como mínimo, colaborar no mantemento daquelas traídas veciñais que existen grazas aos esforzos dos propios veciños para poder abastecerse. Tamén recibimos queixas indicando que no ano 2024 os camiños só foran desbrozados unha única vez, poñendo en evidencia que o goberno socialista incumpriu o acordo de investidura asinado co BNG polo que se comprometía a realizar dous pases cada. Unha vez máis, esiximos ao goberno que poña agora o mesmo interese en cumprir este compromiso como presa tiñan daquela por que lles aprobaramos os seus salarios".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page