top of page

O BNG de Lalín pide recuperar e manter en condicións as instalacións deportivas ao aire libre

14 ago
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia o "lamentable estado de conservación no que se atopan varias pistas deportivas ao aire libre do municipio, unha situación que, ao seu xuízo, evidencia a falta de mantemento e de atención por parte do goberno municipal". As instalacións, sinala, "presentan suciedade acumulada, falta de limpeza e un evidente deterioro, ofrecendo unha imaxe de abandono que non se corresponde co que deberían ser espazos públicos destinados á práctica deportiva e ao lecer da veciñanza".

Estado da pista exterior das instalacións deportivas ao carón do Carrefour, de titularidade municipal.
Estado da pista exterior das instalacións deportivas ao carón do Carrefour, de titularidade municipal.

Desde o BNG consideran especialmente preocupante que estas instalacións, tantos as de titularidade municipal como as da Xunta, utilizadas diariamente por nenos, nenas, mozos, mozas e persoas adultas, non conten cun mantemento adecuado que garanta unhas condicións mínimas de seguridade, hixiene e accesibilidade. “Non é razoable que a veciñanza de Lalín teña que utilizar pistas deportivas que presentan un estado de conservación tan deficiente. Falamos de espazos públicos que deberían estar limpos, coidados e en condicións óptimas para a práctica deportiva”, sinala o Manuel Carbón, concelleiro do BNG de Lalín e responsable da Área de Deportes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A formación nacionalista reclama ao Concello que proceda de maneira inmediata á limpeza das pistas, á retirada da sucidade e dos residuos acumulados e á revisión do estado de conservación de todos os elementos das instalacións, incluíndo pavimentos, valados, canastras, porterías e demais equipamento deportivo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O BNG considera tamén necesario establecer un plan de mantemento periódico que evite que estas situacións se repitan e permita detectar e solucionar con rapidez os desperfectos que se vaian producindo. “Non abonda con actuar cando o deterioro xa é evidente. O Concello debe garantir un mantemento regular das instalacións deportivas municipais e asumir a responsabilidade de conservar en boas condicións os espazos públicos que utiliza a cidadanía”, sinala Carbón.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o BNG de Lalín esixen, polo tanto, ao goberno municipal "que deixe de lado a política de abandono e actúe con rapidez, recuperando estas pistas deportivas e garantindo que a veciñanza poida utilizalas en condicións dignas. O deporte e o coidado dos espazos públicos tamén deben ser unha prioridade para o Concello de Lalín".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page