top of page

O BNG de Dozón esixe o arranxo inmediato de todas as vías públicas que competen ao Concello

Sinala que as fochancas se "multiplican pola cero da xestión municipal"


Ecos da Comarca/Dozón

O responsable do BNG de Dozón, Mario Vila, critia as fochancas que hai neste municipio e sinala que se "multiplican pola cero da xestión municipal".

Para a reparación das vías públicas, io BNG fala de que existen tres tipos de actuacións segundo a frecuencia coa que se realizan os traballos de mantemento de estradas:

Operacións de mantemento rutineiras. Son as que se realizan ao longo do ano, incluíndo o perfilado da estrada ou o recheo de fochancas.

Operacións de mantemento periódicas. Trátase de traballos planificados deseñados para ter o mínimo impacto na reparación. O selado ou a reparación de barreiras fluviais son algúns exemplos.

Operacións de restauración. Trátase de operacións de maior envergadura que adoitan implicar o peche da estrada para devolvela ao seu estado orixinal. Os repavimentos ou tratamentos que afectan a toda a superficie asfáltica son os máis comúns.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"As fochancas son un problema nas estradas que pode poñer en risco os condutores e danan os vehículos. Reparalos axeitadamente prolonga a vida útil da infraestrutura e garante a seguridade de todos. Para conseguilo, é importante seguir os pasos axeitados e realizar traballos de reparación con regularidade. Dende o goberno do partido popular en Dozón, con Adolfo Campos Vázquez á cabeza, esta regularidade e implicación non existe", sinala.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dotar economicamente dun programa de conservación e mantemento, apunta, "de aplicación rigorosa e efectiva, non é prioritario nin está en axenda. Seguen sen atender o básico nas estrada municipais. Están totalmente ausentes ante os problemas existentes de deterioro nas estradas de titularidade municipal. Agravan as deficiencias das infraestruturas ao non asumir as súas funcións e as súas competencias. Deixan que as propias inclemencias meteorolóxicas e o tempo sigan a gañar a carreira do abandono.

Así non se goberna Dozón, só se xera desprotección e destrución. Dende o BNG en Dozón esiximos que se actúe con urxencia antes estas deficiencias e asuman o arranxo inmediato de todas as vías públicas que competen ao Concello de Dozón. Se non son capaces de levar a cabo ditas demandas a dimisión é a mellor opción para que outras persoas si poidan comprometerse e asumir o papel que eles non queren levar a cabo. Dozón merece atención".

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page